Falece o exalcalde de Neda José Ignacio Cabezón

Desempeñou o cargo entre 2007 e 2015 da man do Partido Popular.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2021 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

A dirección provincial do PP na Coruña trasladou, a través do seu presidente, Diego Calvo, o seu pesar polo falecemento do que fora alcalde de Neda entre 2007 e 2015, José Ignacio Cabezón. "Váisenos unha persoa que nunca dubidou en botar unha man dentro do partido", sinala Diego Calvo, que subliña de Cabezón a súa disposición. "Podías estar de acordo ou non coas súas propostas, pero sabías que te convencería delas porque sempre estaban expostas sen maldade e pensando no ben do partido e dos veciños".

Médico de profesión, Cabezón, nado en Ferrol en 1954, gozaba agora da súa xubilación despois de exercer por última vez no municipio de Cedeira. Da súa traxectoria, o PP destaca a súa "preocupación" polos veciños e o seu "compromiso" coa súa profesión. "Traballou duro polo seu municipio, onde se converteu nun dos grandes impulsores de laFiesta do Pan de Neda pero foi, sobre todo, un político incansable, unha persoa próxima e un referente para a política municipal de Ferrolterra".

José Ignacio Cabezón, á esquerda
José Ignacio Cabezón, á esquerda | Fonte: eridoo.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta