Despedida definitiva da Universidade Popular de Ourense: "Seguimos emitindo un SOS Ourense"

A Plataforma NON ao peche da UPO realiza un acto de "defensa e memoria" este xoves 16.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 14/12/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Tras 25 anos dende o seu nacemento e milleiros de persoas que cada ano encheron as súas aular, a Universidade Popular de Ourense (UPA) pecha as súas portas definitivamente. Con motivo do peche desta universidade, na que impartiron caligrafía e lectura Vicente Risco e Otero Pedrayo, a Plataforma NON ao peche da UPO realizará un acto de despedida.

Manifestación na Praza Maior contra o peche da Universidade Popular de Ourense
Manifestación na Praza Maior contra o peche da Universidade Popular de Ourense

O acto terá lugar este xoves 16 ás 18:30 da tarde no edificio do auditorio anexo, tras a Biblioteca Nós. SOS Ourense, na que se integra a Plataforma NON ao peche da UPO, apoia este evento de "defensa e memoria da UPO" e apunta: "Seguimos emitindo un SOS Ourense".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta