Feijóo volve culpar ao Goberno da situación do sector industrial en Galicia

O presidente da Xunta pide unha transición enerxética planificada. Tamén demandou de novo "transparencia" na repartición dos fondos europeos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/12/2021 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu reprochar ao Goberno central "falta de planificación" na transición enerxética e ambiental, á vez que demandou tamén "transparencia" na repartición de fondos europeos.

Na xornada 'Sustentabilidade e dixitalización', organizada pola periódico Expansión no seu 35 aniversario, volveu a criticar as actuacións do Executivo a este respecto, aludindo, entre outras cuestións, ao prezo da luz ou ao "peche precipitado de centrais enerxéticas". "A falta de planificación está a comprometer 16.500 postos estratéxicos en Galicia", dixo en referencia ao sector industrial e nunha intervención na que fixo alusión aos fondos europeos.

"Sería un erro traizoar a confianza de Europa se se xestionan os fondos con arbitrariedade e ineficacia", advertiu. Na súa intervención, asegurou, ademais, que Galicia se presenta "con proxectos reais", entre os que resaltou os vinculados á mobilidade sustentable, a transición enerxética ou a economía circular.

Mentres, fixo un repaso dos investimentos e actuacións do Executivo galego nesta materia, resaltando, entre outras, a Estratexia Galicia Dixital. Ademais, avanzou que na reunión do Consello da Xunta do xoves, abordarase un investimento de 22 millóns en tecnoloxía cloud, para mellorar a dispoñibilidade de información.

Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reiterou o "apoio" do goberno local a iniciativas vinculadas ao fomento tecnolóxico e insistiu na necesidade de apostar por "sustentabilidade e transición enerxética". En canto aos fondos europeos, expuxo que deben aproveitarse para impulsar "un modelo produtivo que teña en conta as persoas e o medioambiente".

Á súa vez, o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, cualificou como "tarefa inmediata" a alfabetización dixital. "O déficit de profesionais en ciencia e tecnoloxía debe ser remediado", indicou. Por outra banda, subliñou que a transformación dixital e a sustentabilidade son "imprescindibles". "Hai avances, pero non suficientes", argumentou.

O presidente da Xunta, Alberto Nüñez Feijóo, xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rei, e o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, nunhas xornadas de 'Expansión'. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alberto Nüñez Feijóo, xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rei, e o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, nunhas xornadas de 'Expansión'. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta