Reconstrución da colisión do Mar de Marín co Baltic Breeze

Neste vídeo amósase como o barco pesqueiro tería invadido por un "erro de percepción" a canle do mercante.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 02/04/2014 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

Reconstrución do accidente do Mar de Marín e o Baltic Breeze
Reconstrución do accidente do Mar de Marín e o Baltic Breeze

Nel apreciase como os dous buques navegaban pola canle marítima asignada polo centro de control marítimo do porto; un pola de saída e outro pola de entrada. Pero, nun momento dado, o pesqueiro invade o carril do mercante. Segundo fontes da investigación, o accidente puido terse debido a un "erro de percepción" do capitan do pesqueiro galego.

De feito, o patron do Mar de Marín foi o primeiro en poñerse en contacto co centro de control marítimo para informar que o mercante invadira a súa canle. Sen embargo, desde control dixeronlle que mantivera o rumbo que os dous barcos navegaban correctamente. O capitán insiste, pero desde control dinlle que non hai nada raro.

Cambio de rumbo

É entón cando o Mar de Marín vira de posición e se sitúa na mesma ruta ca do mercante. É entón cando desde control volven poñerse en contacto co barco galego para informarlle que cambie inmediatamente de posición porque está en rumbo de colisión. Desde o pesqueiro, o capitán contesta que non pode facer iso porque senón chocaría co Baltic Breeze.

Canles polas que circulaban o Mar de Marín e o Baltic Breeze
Canles polas que circulaban o Mar de Marín e o Baltic Breeze

Instantes despois producese o choque. Son as 02.40 horas da madrugada. O Mar de Marín impacta brutalmente contra a sección máis saínte da proa do mercante. A partir de aí, e como recolle a reconstrucción, o pesqueiro foi deslizándose dando bandazos polo costado de babor do Baltic Breeze ata que acaba afundido en poucos minutos. Non houbo tempo case para reaccionar. Cinco mariñeiros conseguiron poñerse a salvo pero outros catro ficaron no buque mentres afundía. Dous pereceron afogados e outros dous aínda están desaparecidos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 newmarket

Si fue fallo técnico.Cabría la posibilidad que,si el sistema del piloto automatico fuese hidraulico con aceite.Al pasar,especulando, a manual para una maniobra mas rápida le quedase el timón trabado a la babor por causa de una burbuja aire...es una especulación..

1 Manolo2

Vale rapaces, pero hay que decir que este vídeo ya salió ayer en diversos medios