Recomendan aos veciños de Maside non consumir auga da billa

A restrición débese ao incumprimento dun parámetro nas analíticas de Sanidade que estaría desligado do apagamento

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2025 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

Nova restrición no consumo de auga na provincia de Ourense, que neste caso afecta os veciños do concello de Maside, pola superación do límite dun dos parámetros. A auga dos fogares do municipio está dispoñible, pero recoméndase que para uso alimentario non sexa utilizada.

Segundo Sanidade, a alteración non está relacionada co apagamento da semana pasada, senón ao incumprimento dun parámetro, que nas analíticas reflíctese por encima do límite recomendable. O problema estará solucionado en "dous días ou tres como máximo", segundo fontes do Concello de Maside.

Unha billa de auga
Unha billa de auga | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta