"É necesario reforzar a rede eléctrica, mellorar as redes de evacuación da potencia instalada e da que queremos instalar, e hai que atender á necesidade real e urxente do tecido industrial", dixo.
  comenta   0
Diego Calvo lamentou a "improvisación" coa que foi convocada a Conferncia, unha actitude que, ao seu xuízo, responde "á estratexia do Goberno de Pedro Sánchez" para "tender unha cortina de fume e non dar respostas nin explicacións respecto dos escándalos que implican tanto ao seu Goberno como á súa contorna".
  comenta   0
Desde hai unhas semanas, diferentes dirixentes autonómicos pediran a convocatoria desta Conferencia de Presidentes para abordar asuntos como o apagamento que sufriu a Península Ibérica hai unhas semanas ou o traslado de menores migrantes, entre outros asuntos.
  comenta   0
Oriol Sarmiento, xerente de Cluergal, defende que "hai que investir en mellorar as redes e desenvolver sistemas de almacenamento" ante unha transición enerxética que deixa retos sen resolver.
  comenta   0
O catedrático 'ad honorem' de Física Atómica e Nuclear da USC Ignacio Durán Escribano defende que España "ten que superar a actual crise política e pasar a xestionar axeitadamente o financiamento dunha rede eléctrica reforzada, dun almacenamento limpo por bombeo, dun incremento firme das renovables, da extensión da vida das plantas nucleares actuais e da programación de novas plantas, de aquí a 15 anos, para poder chegar ao control e diminución do quencemento global o antes posible". "É urxente", asevera.
  comenta   0
Tras subliñar que non se poden pór "cotos", xa que "hai que facer as que faga falta", si se analiza desde o departamento sanitario da Xunta a necesidade de facer todas as analíticas que se realizan actualmente.
Esixirá ao Goberno unha investigación independente sobre o apagamento que non a fagan "os posibles causantes".
  comenta   0
"Eu, polo que lin e escoitei, tampouco creo que dixese claramente que non ía cumprir os compromisos. O que si trasladou foi unha preocupación evidente por unha situación que ten unha transcendencia fundamental en determinadas empresas", dixo o conselleiro de Emprego, Comercio e Migración, José González.
Sanidade avanza que, se falla a subministración eléctrica, Urxencias Sanitarias estudará levar as súas comunicacións a centrais con xeradores.
  comenta   0
O Concello dispón de chan para executar 150 vivendas procedentes do desenvolvemento urbanístico derivado da PXOM aprobado en 2003.
  comenta   0
O prezo mínimo será de -15 euros/MWh entre 16.00 e as 17.00 horas e o prezo máximo do día rexistrarase entre as 21.00 e 23.00 horas, cando se alcanzarán os 35,01 euros/MWh en España.
  comenta   0
O PP proporá a próxima semana ao Congreso dos Deputados que o Goberno pida á Comisión Europea unha auditoría independente por parte da Axencia de Cooperación dos Reguladores de Enerxía da UE dos sistemas eléctricos dos países afectados polo apagamento, para o esclarecemento completo das causas que estiveron na orixe desta situación.
  comenta   0
Unha situación como a do luns 28 de abril é excepcional, como foron outros eventos na historia máis recente de Galicia. En tal caso existen unha serie de profesionais e tamén voluntarios con preparación para afrontar alarmas como foi o apagamento. Dous grupos de voluntarios son Protección Civil e o GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias)
  comenta   0
O día 28 de abril de 2025 vai ser recordado pola caída xeneralizada de tensión nas liñas de distribución do país. Mentres os técnicos investigan as causas e terminan de estabilizar a rede, parámonos a pensar sobre o acontecido, ligándoo coa forma de vida actual e tratando de sacar conclusións e aprendizaxes.
  comenta   0
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, volveu a defender a actuación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e lamentou que máis dunha semana despois do apagamento, "non se sabe absolutamente nada" das causas nin de cales foron os motivos.
  comenta   0
"Moitas están pechadas porque xa non lles conveñen os prezos tan baixos aos que se pode chegar hoxe en España grazas ao despregamento masivo das enerxías renovables", din desde o PSOE.
  comenta   0
A restrición débese ao incumprimento dun parámetro nas analíticas de Sanidade que estaría desligado do apagamento
  comenta   0
Galicia rexistrou 2.221 matriculacións en abril de 2025, un 2,8 % menos que no mesmo mes de 2024, mentres que en España subiu un 7 %, ata as 98.522 unidades.
  comenta   0
Rueda destaca a boa coordinación co Goberno central, aínda que insiste en pedirlle explicacións polo apagamento. Sobre as críticas pola suspensión das clases, insiste en que "son decisións difíciles que hai que tomar" en situacións así.
  comenta   0
Portugal, que se desconectou esta semana de España tras o apagamento, pagará catro veces máis polo prezo da luz
  comenta   0
Un céntrase na operativa do sistema eléctrico e outro explora a posibilidade dun ciberataque como orixe da incidencia do 28 de abril
  comenta   0
O sindicato aseguraba que houbo usuarios que quedaron "sen respiradores", outros que non puideron saír dos seus cuartos e outros que non puideron entrar neles, polo que "tiveron que durmir en colchóns no chan".
  comenta   0