Ferida unha muller tras ser atropelada en Melide

A muller de mediana idade precisou ser trasladada ao hospital HM Rosaleda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2021 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

Unha muller de mediana idade resultou ferida na noite deste pasado mércores, 15 de decembro, tres ser atropelada no termo municipal de Melide.

Segundo informou o 112 Galicia, este accidente tivo lugar sobre as 21,00 horas deste mércores. O servizo de emerxencias recibiu a chamada dun particular que solicitou asistencia sanitaria para unha persoa que fora atropelada na Avenida de Lugo, en Melide.

Á zona do atropelo o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico para atender á muller atropelada, M.E.P.S., de 51 anos de idade, que foi trasladada ao hospital HM Rosaleda, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Ao lugar acudiron, ademais dos servizos sanitarios de urxencia, axentes da Policía Local e de Protección Civil da localidade. Tamén, os Bombeiros de Arzúa foron informados polo 112 Galicia.

Unha ambulancia. Carlos Castro - Europa Press
Unha ambulancia. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta