Dous feridos graves tras saír da vía e envorcar na AG-51 en Salvaterra

Outro ferido en Moaña nun accidente entre tres veículos.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 12/05/2025 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

Dúas persoas, condutor e acompañante, resultaron feridas graves nun accidente de tráfico ocorrido a noite do domingo na autovía AG-51, no municipio de Salvaterra de Miño.

Segundo informaron fontes da Subdelegación do Goberno e do CIAE 112 Galicia, o sinistro produciuse pasadas as 23,00 horas á altura do punto quilométrico 0 deste viario, que conecta a autovía A-52 coa Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisán).

O turismo avanzou recto por unha rotonda e acabou saíndo da vía pola marxe dereita, envorcando nun aparcadoiro dunha estación de servizo. Como consecuencia do accidente, resultaron feridos o condutor e o seu acompañante, aínda que non foi necesaria a súa excarceración.

O CIAE 112 informou do sucedido ao GES-Bombeiros de Ponteareas, á Garda Civil de Tráfico e a Urxencias Sanitarias-061. Os feridos, que levaban posto o cinto de seguridade, foron evacuados a un centro hospitalario e a Garda Civil solicitou extracción de sangue para verificar o grao de alcoholemia.

Un equipo de excarcelación dos bombeiros
Un equipo de excarcelación dos bombeiros | Fonte: EP - Arquivo

ACCIDENTE MOAÑA

Por outra banda, unha persoa resultou ferida este luns tras rexistrarse un accidente múltiple con tres vehículos implicados na autovía AG-46, ao seu paso pola localidade pontevedresa de Moaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta