Sanidade administra outras 34.031 doses da vacina en plena explosión de casos

O 86'6% da poboación está inmunizada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2021 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

Galicia administrou nas últimas horas outras 34.031 doses da vacina contra a Covid-19, das que 1.545 foron para completar a pauta de inmunización, segundo os datos publicados este xoves pola Consellería de Sanidade. Así, a sanidade galega administrou, desde o inicio das campañas de vacinación, un total de 5.689.473 doses, e hai 2.339.836 persoas coa pauta completa. Isto supón a inmunización do 86,6 % da poboación total de Galicia.

Nas últimas horas, das persoas que foron vacinadas, 4.387 eran nenos e nenas de 5 a 14 anos de idade, de maneira que xa teñen polo menos unha dose 125.754 menores entre esas idades. Segundo os datos publicados polo Ministerio de Sanidade (que establece para a súa contabilidade o grupo etario de 5 a 11 anos), en Galicia recibiron polo menos unha picada 48.877 nenos desa franxa de idade, o que supón o 31,4 % desta poboación diana.

VACINACIÓN POR GRUPOS

Por grupos de poboación por vulnerabilidade hai 17.991 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 16.705 dependentes non institucionalizados e 27.613 institucionalizados. Polo seu lado, 2.141.666 terminaron o proceso chamados pola súa idade. Por probabilidade de exposición, 74.709 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 27.601 do sociosanitario, e 31.891 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

Chegada das primeiras 60.000 vacinas pediátricas contra a Covid-19 a Galicia para nenos de 11 a 5 anos.. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
Chegada das primeiras 60.000 vacinas pediátricas contra a Covid-19 a Galicia para nenos de 11 a 5 anos.. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta