GC Aberto

Chile, o lento cambio profundo

Por admin | GC ABERTO | 24/12/2021

Comparte esta noticia

Non é moi coñecido que en Chile a xornada laboral semanal sexa 5 horas máis longa que no resto dos países occidentais, que as vacacións anuais sexan de 15 días hábiles ( Na práctica 21 días corridos), que o estado austral sexa o país máis desigual de occidente ( O 24º do mundo), que o sistema privado de pensións instaurado durante a época de Pinochet, estoupou deixando unha mísera existencia aos seus asociados, ou que chilenos que teñan un alto índice no custe da vida.

Primeiras mobilizacións en Chile contra as leis educativas en marcha, no 2011
Primeiras mobilizacións en Chile contra as leis educativas en marcha, no 2011 | Fonte: Lino Pellitero

En dereitos sociais, o longueirón do Pacífico tamén anda na cola do continente. O divorcio é unha criatura do século XXI, e a limitadísima lei do aborto aínda non cumpriu o lustro.

No entanto, a imaxe de Chile con máis proxección internacional é a dun país moderno, o que ten máis tratados bilaterais de librecomercio do continente, o da nación con máis investimentos estranxeiros, o lugar con espectaculares centros comerciais que nada envexan aos máis luxosos de occidente, ou a do país que ten un dos mellores salarios mínimos do latinoamericanos.

A vitoria de Boric, non é , por tanto, un casual bandazo político causado por un puntual aumento das tarifas do metro, un movemento político pendular empurrado por unha concreta Lei de Educación neoliberal que procuraba privatizar a Educación Secundaria ou pola decisión subir as taxas universitarias. Tampouco é unha rabiosa reacción dos pensionistas dannificados polo fiasco das administradoras das pensións privadas (AFP), entidades financeiras na maioría dos casos.

A esperanza en Boric está alimentada nunha lenta e crecente onda, de máis dunha década, na que está inmensa a maioría dos chilenos que viven en condicións laborais extenuantes, que non teñen oportunidade de conciliar vida familiar e laboral, que teñen dificultade e cubrir os custes vitais e que foron perdendo dereitos en políticas públicas de benestar social.

Cumprir a promesa de transformar o país, acentuar a axenda social, replicar políticas de benestar dos estados europeos, e avanzar cara a igualdade … Vai implicar necesariamente rabuñar impostos nos segmentos sociais con máis poder económico. Contar con tan só con 9 dos 155 da cámara non vai facilitar avanzar nestes obxectivos. Liderar e sumar iniciativas lexislativas nun bloque político tan dispar (desde a Democracia Cristiana ou socialistas ao partido comunista), que lle prestou apoios na segunda volta vai requirir moita diplomacia, imaxinación, renuncia, contradición e capacidade de negociación.

Mesmo no caso que Gabriel Boric, presidente máis novo da historia chilena de ascendencia catalano-croata, conseguise ser a “autoritas” do multicolor bloque gañador, vai ten enfronte ao exército máis autoritario do continente.

Durante as mobilizacións dos últimos anos, en moitos cuarteis das forzas armadas chilenas considerouse ao Presidente e magnate chileno, Sebastián Piñera un “Cagón”, por non terlles concedido bula legal e liberalos de responsabilidades civís ou penais para poder reprimir as manifestacións, tal como conseguirán os militares Bolivianos da presidenta golpista Jeanine Añez.

Tampouco estaría de máis que vixiase de esgello os movementos das cúpulas xudiciais que poderían seguir o camiño emprendido en Brasil, Ecuador, Bolivia, Arxentina, Honduras, Perú…, para sacar dos executivos a lideres políticos saídos da urnas.

Laudelino Pellitero, analista internacional, experto en América Latina.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta