Lidia Senra, a "Mari Castaña do século XXI"

A candidata de Anova preséntase ás europeas para "rachar coas políticas neoliberais" da UE. Beiras avoga por "abrir o primeiro buraco" no "IV Reich" da UE.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/04/2014 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

"Rachar coas políticas neoliberais da UE e o seus tratados". Ese é o principal reto que se marca Lidia Senra se sae elexida eurodeputada. "O reto é moi importante e, por iso, hai que buscar a alianza da esquerda a nivel europeo", dixo.

Lidia Senra, candidata ás eleccións europeas
Lidia Senra, candidata ás eleccións europeas | Fonte: Publico

A ex secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), candidata de Anova nunha coalición que reedita en Galicia o formato AGE das pasadas autonómicas entre Anova, Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista --non entra desta volta Equo--, presentou este xoves as liñas que vai levar a Europa se sae elexida. Unhas liñas políticas que pasan, principalmente, por combatir o neoliberalismo. "Os nosos competidores son os neoliberais, o gran capital. Por iso a esquerda europea temos que facer unha alianza entre iguais para vivir todos dignamente do noso traballo", indicou.

Acompañada por Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, Lidia Senra destacou os principais problemas que existen no país e que levará a europa; principalmente, a falta de traballo e de perspecitvas para os traballadores.

Para axuda á "xente que pasa fame"

Tamén loitará para que os labregos e os obreiros teñan uns ingresos e salarios "dignos". "Non pode ser que un país de fartura como é o noso haxa xente que estea pasando fame", dixo. Tamén quere combater polos que non teñen vivenda ou quedaron sen ela. E é que unha das cuestións que nas que incidirá en Europa é en loitar contra o Tratado de Libre Comercio entre a UE e EE.UU, que "non foi aprobado democráticamente" e que é, segundo Senra, "moi lesivo para as pymes, os dereitos laborais ou os produtos agrarios, permitindo os transxénicos".

Preguntada polo ministro Arias Cañete, que liderará a lista do PP, considerou que a súa designación indica a política que quere facer o PP e puxo como exemplo a oportunidade de redistribuír as axudas da PAC e amplialas a sectores que agora non as reciben. Así, lembrou que, como ministro, non aproveitou estas axudas en favor de manter o status quo o que significa que "2.600 grandes empresarios agrícolas cobren o mesmo que 500.000 produtores no Estado". "É un representante fiel dos intereses do neoliberalismo", sintetizou.

"Abrir un buraco no IV Reich" da UE

Xosé Manuel Beiras avogou pola "ruptura democrática" fronte á "restauración borbónica" en España e o "IV Reich" na Unión Europea, para abrir un "primeiro buraco" no "castelo kafkiano da troika".

"A elección de Lidia Senra é unha proba de coherencia na idea de romper fronteiras dentro da esquerda rupturista e aproveitar o motor desta dinámica, que está na cidadanía e á que AGE servirá para a súa proxección na instancia política", dixo. "Lidia Senra é a Mari Castaña do século XXI", en referencia á dirixente das clases populares contra o bispo de Lugo no medievo.

Pola súa banda, Yolanda Díaz, dixo que ten a Lidia Senra "como referencia", e expresou a facilidade con que a súa figura de Senra contribuíu ao consenso, ao tratarse "dunha loitadora pola emancipación como muller, como pobo e contra os poderosos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 72 comentarios

12 astridgilberto

No fondo está falando do castañazo da upbng.

11 feudo do vieiras

a señora esta ten de labrega do comunal o que eu teño de astronauta da nasa

1 Tolos_á_feijoneta

Astronauta non sei, porque non semella que des para moito, pero paracaidista do PPSoe si que és .

10 Próculo

O dito...

9 Próculo

Mari Castaña, Sr. Beiras? Non será polas súas apócemas medievais anti-vacinas? Dades grima!

8 Estan despedidos

POLA EMANCIPACION DA MULLER DI Entre as vitimas dos despedimentos improcedentes de Lidia Senra esta unha persoa que foi despedida por estar CASADA con outra persoa dun sindicato que non debia de ser do agrado de Lidia Senra. Ese era o motivo do despido. Do seculo XIX é a postura antivacunas da despedidora.