Lidia Senra, a "Mari Castaña do século XXI"

A candidata de Anova preséntase ás europeas para "rachar coas políticas neoliberais" da UE. Beiras avoga por "abrir o primeiro buraco" no "IV Reich" da UE.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/04/2014 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

"Rachar coas políticas neoliberais da UE e o seus tratados". Ese é o principal reto que se marca Lidia Senra se sae elexida eurodeputada. "O reto é moi importante e, por iso, hai que buscar a alianza da esquerda a nivel europeo", dixo.

Lidia Senra, candidata ás eleccións europeas
Lidia Senra, candidata ás eleccións europeas | Fonte: Publico

A ex secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), candidata de Anova nunha coalición que reedita en Galicia o formato AGE das pasadas autonómicas entre Anova, Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista --non entra desta volta Equo--, presentou este xoves as liñas que vai levar a Europa se sae elexida. Unhas liñas políticas que pasan, principalmente, por combatir o neoliberalismo. "Os nosos competidores son os neoliberais, o gran capital. Por iso a esquerda europea temos que facer unha alianza entre iguais para vivir todos dignamente do noso traballo", indicou.

Acompañada por Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, Lidia Senra destacou os principais problemas que existen no país e que levará a europa; principalmente, a falta de traballo e de perspecitvas para os traballadores.

Para axuda á "xente que pasa fame"

Tamén loitará para que os labregos e os obreiros teñan uns ingresos e salarios "dignos". "Non pode ser que un país de fartura como é o noso haxa xente que estea pasando fame", dixo. Tamén quere combater polos que non teñen vivenda ou quedaron sen ela. E é que unha das cuestións que nas que incidirá en Europa é en loitar contra o Tratado de Libre Comercio entre a UE e EE.UU, que "non foi aprobado democráticamente" e que é, segundo Senra, "moi lesivo para as pymes, os dereitos laborais ou os produtos agrarios, permitindo os transxénicos".

Preguntada polo ministro Arias Cañete, que liderará a lista do PP, considerou que a súa designación indica a política que quere facer o PP e puxo como exemplo a oportunidade de redistribuír as axudas da PAC e amplialas a sectores que agora non as reciben. Así, lembrou que, como ministro, non aproveitou estas axudas en favor de manter o status quo o que significa que "2.600 grandes empresarios agrícolas cobren o mesmo que 500.000 produtores no Estado". "É un representante fiel dos intereses do neoliberalismo", sintetizou.

"Abrir un buraco no IV Reich" da UE

Xosé Manuel Beiras avogou pola "ruptura democrática" fronte á "restauración borbónica" en España e o "IV Reich" na Unión Europea, para abrir un "primeiro buraco" no "castelo kafkiano da troika".

"A elección de Lidia Senra é unha proba de coherencia na idea de romper fronteiras dentro da esquerda rupturista e aproveitar o motor desta dinámica, que está na cidadanía e á que AGE servirá para a súa proxección na instancia política", dixo. "Lidia Senra é a Mari Castaña do século XXI", en referencia á dirixente das clases populares contra o bispo de Lugo no medievo.

Pola súa banda, Yolanda Díaz, dixo que ten a Lidia Senra "como referencia", e expresou a facilidade con que a súa figura de Senra contribuíu ao consenso, ao tratarse "dunha loitadora pola emancipación como muller, como pobo e contra os poderosos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 72 comentarios

7 Xistral

O que vai ser unha revolución é na vestimenta, miña naisiña, parece que saiu das rúas da película de Oliver Twist.

6 Pastelao

Eu vim o outro dia a entrevista que lhe figeram em Voz TV e dá mais vergonha alheia escuitá-la falar que Carmen La Roja.

1 Xis

Vergoña allea da este comentario inútil por demáis como moitos outros. A entrevista tipo encerrona foi moi aleccionadora, a min gustoume, Lidia ten cousas que dicir eu escoiteina con moito gosto.

2 Pastelao

Sim, como que a soberania alimentária consiste em obrigar a todos os galegos a beber só vinho do ribeiro. Vamos, vamos.

5 pinchorla

Bueno,non din nada novo que non se teña feito, mesmo ela dende o SLG. Xa veremos como "combate" en Europa.E Yolanda tena como referencia....pampo quedo.Que teña sorte

4 Beiras Chapa e Pintura

jajajaja e Pétain Beiras o Pedro Madruga do S.XXI. Cada vez pens que o probe vello hai tempo que perdeu o norte...agora anda perdido polo noroeste. Agora xa non hai que sair de Expaña, da UE e do euro, agora Pétain tal espranza branca coma Hollande, vai trer a "socialdemocracia" a Europa. Concordo co nefasto do TLC co amo gringo, mais a alternativa non pode ser granxas sustentables subvencionadas de productos ecolóxicos para os señoritos da Coruña que poidan pagalos. Que tal os teus socios en Andalucia que cun acto de electoralismo populista realoxa a varias familias saltando listas e protocolos en detrimento de 10.000 familias na mesma precariedade.

3 undamariña

CERO PATATERO¡Manda carallo con esta xente que o que queren è que nos poñamos a arar nas leiras. Que are ela se quere. o outro dia en via v dixo que representaba ò pobo galego,òs mariñeiros , labregos,....olvidadevos diso , a quen representan è òs sindicalistos,òs subvencionados, òs que levan toda avida de liberados mamandurrios. O pobo galego è mais que iso,eu son tan galego ou mais que eles e non teño nada que ver con esa xente e por suposto menos teño que ver co psoe, e co pp, ou sexa que como decia un veciño meu " os nosos nunca gobernan"