Multas de entre 900 e 9.000 euros a locais de Lugo e A Coruña por celebrar vodas sen licenza

O organismo da Xunta actuou logo dunha denuncia da sociación de Emprendedores de Galicia (Ascega).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2021 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

A Axencia de Turismo de Galicia sancionou a sete locais da provincia da Coruña e tres de Lugo por celebrar vodas sen a licencia correspondente. Os locais terán que asumir multas que van dos 900 aos 9.000 euros.

Os expedientes, abertos en 2019, resolvéronse o pasado maio coa proposta de sanción por infracción grave para os dez establecementos. A contía das multas está aínda por fixar, á espera de que os implicados presenten as súas alegacións.

Estas sancións foron propiciadas polas denuncias da Asociación de Emprendedores de Galicia (Ascega), que se fixo eco das sancións nun comunicado. Nel, a asociación asegurou que as empresas que cometen este tipo de irregularidades fano "moitas veces ante a pasividade das Administracións" e que supoñen "un risco para usuarios e particulares".

A asociación denunciou a estas empresas por non estar habilitadaspara ofrecer este tipo de servizos multitudinarios. Basearon a súa denuncia na Lei 7/2011 de Turismo de Galicia, que establece que estes locais deben certificar na súa inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas que os seus locais contan coas condicións adecuadas para estes eventos.

Imaxe de recurso dunha celebración dunha voda
Imaxe de recurso dunha celebración dunha voda | Fonte: pixabay.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta