O II programa de Muller e Ciencia propiciou a incorporación de 544 mulleres á investigación e a postos directivos

A Xunta destinou a esta iniciativa, que alcanzou a máis de 10.000 persoas, máis de 242 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 02/01/2022 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

O II programa de 'Muller e Ciencia (2016-2020)' da Xunta tivo un impacto "directo" na carreira profesional de 544 muleres, xa que 520 incorporáronse ao ámbito da investigación e 20 conseguiron unha promoción para desenvolver postos de traballo de carácter directivo.

Con este programa, promovido pola Unidade Muller e Ciencia, desenvolvéronse na Comunidade máis de 100 actuacións que alcanzaron a máis de 10.000 persoas de diversos colectivos. Tras a "evidencia da súa efectividade", a Xunta traballa na terceira edición do programa (2021-2025) co cal esperan "seguir avanzando na presenza feminina nestes sectores" e na ruptura da brecha machista aínda existente.

Ademais, para esta III edición contarase coa participación de mulleres do ámbito científico e tecnolóxico de Galicia a través de mesas de traballo e enquisas sobre percepcións e experiencias.

Ao longo do programa destináronse máis de 242 millóns de euros para financiar as actuacións, e no ano 2020 o orzamento situouse nos 60,3 millóns, o que supón un 25% que en 2019. Ademais, desde a 2019 conta cunha "partida específica" nos Orzamentos da Xunta, que en 2022 suporá máis de 46.000 euros.

PROGRAMA MULLER E CIENCIA

As accións do II programa estiveron dirixidas principalmente ao eixo escolar e universitario. As súas actividades permitiron a formación de docentes, a activación de medidas para "enganchar" ás nenas ás carreiras tecnolóxicas e facelas máis partícipes da Sociedade da Información, e o lanzamento de proxectos como 'Nin+nin', co que se favorece o encontro de mozos de Instituto con mulleres de sectores "tradicionalmente masculinizados".

A Unidade Muller e Ciencia creouse hai 15 anos co obxectivo de "situar nun primeiro plano a perspectiva de xénero na actividade científica". Confórmana representares de distintas Consellerías, como a de Emprego e Igualdade, Sanidade e Economía, Empresa e Innovación. Así mesmo, conta con mulleres expertas no eixo social, educativo, científico e tecnolóxico.

Ademais, este ano modificouse o seu decreto de creación para "actualizar a súa composición e obxectivos". A intención, segundo a Xunta, é que responda aos novos retos, como a integración nas universidades públicas galegas e o movemento asociativo feminino.

Arquivo - Funcionamento da Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Álvaro Cunqueiro, Vigo, 22/01/21.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo / Europa Press
Arquivo - Funcionamento da Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Álvaro Cunqueiro, Vigo, 22/01/21.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta