Gisela, a voz de Disney en España, en Verín

Actuará o vindeiro día 8 de xaneiro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal formando parte do espectáculo "Gisela Concert Kids".

Por X.M. Fernández | Verín | 03/01/2022 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

Chega a Verín Gisela Concert Kids, un espectáculo musical para toda a familia onde a artista, un fada máxica, carismática e con voz anxelical, introduciranos nun fantástico e apaixonada viaxe de moitas aventuras Disney.

Unha escena do espectáculo. Foto: Drem Planet Events
Unha escena do espectáculo. Foto: Drem Planet Events

Os asistentes mergullaranse de cheo nos contos e cancións infantís que marcaron a infancia de varias xeracións tales como: “Sueña” (El Jorobado de Notredame), “Parte de él” (La Sirenita), “Ha Nacido una Estrella” (Hercules), “Aquella estrella de allá” (Peter Pan), “Bella y Bestia”, “Colores al viento” (Pocahontas), etc.

Ademais, Gisela non virá soa… Chega acompañada dunha posta en escena espectacular, vestiarios animados, personaxes moi coñecidos, decorados, e moitas máis cousas que conectarán aos espectadores de principio a fin co show durante máis dunha hora de duración.

GISELA, SAÍDA DE OPERACIÓN TRIUNFO, AGORA VOZ DE DISNEY

A compañía cinematográfica “Disney” seleccionou a Gisela entre todos os seus compañeiros de OT para interpretar “Aquella estrella de allá da película Peter Pan.

Desde entón ela e Disney tiveron unha unión moi especial sendo actualmente coñecida por ser a voz oficial de Disney en España. Dende aquela ten interpretado cancións moi coñecidas de películas, como a anterior nomeada, Peter Pan, Bella y Bestia e a máis actual Frozen 2. Esta última levouna a percorrer infinidade de países e escenarios, levando a súa voz ata a famosa gala de “Los Oscar” interpretando a canción “Mucho más allá”.

As entradas xa están dispoñibles, por 10 euros, en ataquilla.com.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta