A empresa de San Finx, que supostamente se vende, denuncia á Comisión de Transparencia

O proceso ante o contencioso chega despois de que Ecoloxistas en Acción adiantase que Sacyr vendera a mina a unha filial autraliana que califican de "opaca".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/01/2022 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Logo das numerosas denuncias mesmo en institucións europeas, os verquidos continuados de material radioactivo, ou as sombras na tramitación da autorización dos mesmos por parte da Xunta; a empresa propietaria da explotación de San Finx, en Lousame, vén de levar á Comisión de Transparencia ao Contencioso.

Muro contención balsa San Finx
Muro contención balsa San Finx | Fonte: Contraminacción

Así o reflicte a carta que con data do 22 de decembro entraba no rexistro do Valedor do Pobo, ao que está adscrita a comisión, e emprazaba a persoarse no prazo de 9 días como demandados ante o TSXG "a cantos aparezan como interesados no expediente do procedemento do recurso contencioso- administrativo" interposto pola empresa contra a resolución do 25 de maio da Comisión de Transparencia. Nesa resolución desestimábase a reclamación da mercantil contra o procedemento de acceso á información nun  expediente. Expediente que fora incoado pola Xafatura Territorial da Coruña, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

A información chega a Galicia Confidencial logo de que o propietario da explotación mineira, Sacyr, vendera a mina a unha empresa con sede Australia. Así o adiantaba Ecoloxistas en Acción, que calificaba á filial (Biscay Minerals Ltd.) de "opaca" e á manobra de intento para no facer fronte ás posibles multas e consecuencias da restauración medioambiental do espazo. Tal e como destacaban dende a organización ecoloxista, a empresa australiana xa tería adquirido anos atrás a mina de Varilongo (en Santa Comba) e, ademais de tributar en paraísos fiscais e carecer de propietarios coñecidos, tería sido expulsada de distintos mercados bursátiles por incumprimentos.

A manobra de vender a mina, segundo apuntaba Ecoloxistas en Acción, tería que ver con evitar os problemas que puideran xurdir no futuro posto que a transferencia chega despois de que se someteran a exposición pública os proxectos de limpeza da explotación. Proxectos defientes que implicarían a contaminación con metais pesados da ría de Muros e Noia, que poría en risco ao marisqueo da zona e, por ende, podría conlevar multas millonarias para Sacyr.

Dende a organización ecoloxista suxiren, desta volta en relación á denuncia á Comisión de Transparencia ante o Contencioso do TSXG, que podería tratarse de máis outra manobra interna para dilatar os tempos. A falta de información precisa, califican de "disparate" os feitos, aos que non lles atopan sentido. "Ás veces fanno para enturbiar os procesos, aínda que non acostuman chegar á denuncia, pero paralizan o proceso anterior... este proceso podería responder a unha táctica de enturbiar ou entorpecer o proceso", suxiren. Fronte as multas millonarias que probablemente non se producirán, os propietarios da mina de San Finx vense obrigados, neste momento, a abonar un aval de 178.000€ polos resultados da mina.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta