Rescatado un mozo tras ceder o chan dun edificio en ruínas ao que accedeu en Ourense

O mozo foi trasladado a un centro hospitalario.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/01/2022 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

Un mozo tivo que ser rescatado esta madrugada en Ourense ao ceder o chan dun edificio en ruína ao que accedeu, segundo informaron a Europa Press os bombeiros.

Ao redor das 03,48 horas recibiuse o aviso para o rescate dunha persoa que quedara atrapada entre unha viga, ao ceder o chan dun edifico en ruínas, na confluencia entre a rúa Pizarro coa rúa Lúa.

Ao lugar, trasladáronse efectivos dos bombeiros e policiais, así como de Urxencias Sanitarias que, posteriormente, procederon ao traslado do mozo a un centro hospitalario.

O rescate, que se produciu ao subir o mozo a un piso dun edificio en mal estado e desprenderse o chan, deuse por concluído ao redor das 04,30 horas da madrugada.

Parque de Bombeiros
Parque de Bombeiros | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta