Máis de 150.000 galegos de entre 5 e 14 anos están xa vacinados

Supérase así o 87% da poboación total inmunizada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2022 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

O proceso de vacinación contra a Covid-19 continúa en Galicia, onde foron administradas outras 27.357 doses, 1.293 para completar pautas contra o coronavirus, co que se supera o 87% da poboación inmunizada. De acordo cos datos recolleitos por Europa Press e actualizados pola Consellería de Sanidade en base ao peche da xornada de vacinación deste venres --e tendo en conta que o 6 de xaneiro non se vacinou--, administráronse ata a data 5.943.838 vacinas contra a covid.

Ademais, 2.362.854 persoas contan xa coa pauta completa contra o coronavirus, o que representa o 87,51% da poboación de Galicia. Por grupos de poboación, por vulnerabilidade, hai 17.485 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 16.320 dependentes non institucionalizados e 27.610 institucionalizados. Pola súa banda, 2.180.141 terminaron o proceso chamados pola súa idade.

Por probabilidade de exposición, 75.547 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 28.370 do sociosanitario e 16.712 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

POBOACIÓN INFANTIL

En canto á vacinación pediátrica, o número de vacinados sitúase en 158.061 no grupo de entre 5 e 14 anos. No grupo de 5 a 9 anos son 44.213, mentres que no de 10 a 14 anos son 113.848. Pola súa banda, segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade con data do 7 de xaneiro, correspondente á vacinación pediátrica ata o día 6 deste mes, Galicia vacinou a 83.869 nenos de 5 a 11 anos con polo menos unha dose dunha poboación diana desas idades de 155.893, o que supón o 53,8%.

Entrada do recinto feiral Expourense, onde se vacúa contra a Covid-19.. Rosa Veiga - Europa Press
Entrada do recinto feiral Expourense, onde se vacúa contra a Covid-19.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta