A "esperanza" que trae a Covid para os pobos que morren de vellos en Galicia

San Xoán de Río protagonista dunha ampla reportaxe en “The Wall Street Journal” sobre a desertización do mundo rural. A residencia de maiores é o principal motor económico do concello.

Por Galicia Confidencial | San Xoán de Río | 10/01/2022 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

"Para pobos en perigo de extición, a pandemia ofrece novos desafíos e esperanza”, é o titular co que a corresponsal, durante 10 anos en Oriente Medio do The Wall Street Journal (WSJ), Isabel Coles, e o fotógrafo, gañador dun premio Pulitzer, Manu Bravo, describen a historia e futuro dunha das zonas mais avellentada de Europa. Ambos, acostumados a reportaxes de guerra, chegaron a un lugar de Europa, o concello ourensán de San Xoán de Ríos, que perdeu mais do 80% da súa poboación. Un lugar no que por cada nacemento hai 20 mortes. Con todo, no último ano, e dende 1950, aumentou en poboación.

O WSJ, xornal económico, destaca que Europa é o continente mais avellentado do mundo, con 44 anos de idade media, e en 2050 esta media subirá ata os 48 anos. San Xoán de Río e outros concellos do rural ourensán superan os 63 anos de idade media, debido en gran medida a gran lonxevidade das súas xentes, un 10% da poboación pasa dos 90 anos. "Así que unha viaxe a San Xoán de Río sería unha viaxe ó futuro de Europa, mais a realidade son as verbas desta triste reportaxe", apunta Xoán Miguel Pérez, alcalde deste concello que tamén aparece na reportaxe.

"Fai 40 anos todas as parroquias tiñan unha escola, tenda, bar, nenos nas aldeas, etc, eramos mais de 3.000 veciños, pero colapsou (ou fixeron colapsar) o sistema rural, obligando a emigración forzosa as cidades ou zonas industrializadas a maioría dos nosos veciños. Pecharon dende fai 40 anos todas as escolas e comercios das nosas parroquias, e dende fai algo menos de tempo, tamén pechan todos os servizos e comercios que habían na capital municipal (Trives), ata o punto de a día de hoxe quedar únicamente un bar, unha tenda de ultramarinos, unha farmacia, o centro de Saúde, a residencia e 2 panaderías", asegura.

A vellez comeza a ser habitual nas zonas rurais, onde vive a xente maior e marcha a máis nova
A vellez comeza a ser habitual nas zonas rurais, onde vive a xente maior e marcha a máis nova | Fonte: Matteo Bertolino

OS VELLOS, O MOTOR ECONÓMICO DO CONCELLO

Por iso, e tal e como recolle o xornal norteamericano, o gran motor económico deste pobo é a residencia de maiores, que é a empresa máis grande asentada no concello. Esta residencia e o propio concello son os dous entes que máis emprego dan na localidade.

En todo caso, o rexedor, fichado recentemente polo PPdeG, destaca que, por primeira vez dende 1950, aumentaron en poboación. "Hai moita xente, que dándoselle a oportunidade, voltaría o rural e sobre todo, temos a 500 heroes que siguen resistindo a abandonar o noso concello e que temos que protexer dandolle os mellores servizos para evitar a súa emigración", sinala.

Por iso, destaca que esta reportaxe axudará para que "sexan escoitados" e que a esta terra sexa tamén "zona de inversións e de futuro". "Demostramos nesta pandemia que se pode cambiar a tendencia, que hai que atraer o talento o rural e que podemos mudar este sistema que quere concentrar o 80% da nosa poboación no 15% do territorio, polo tanto esta reportaxe para nós é un SOS RURAL para os nosos dirixentes", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Moine

A economia é política, seria bom conhecer a quem votárom. Estou seguro que tenhem o votado. E na vida um é responsável dos seus actos; pois para chorar, já existem os cemitérios.

1 Gamela

Ás veces non é cuestión de votos, porque votes a quen votes todos ao día seguinte fan o que lle peta e mudan de programa electoral sen complexo de ningún tipo... pero sí que podíamos darlle algunha idea máis sensata que facer Granxas de Vellos ? http://gamela00.blogspot.com/2020/1...