Feijóo reprocha a Garzón "atentar contra o máis sacro" cando fala do sector cárnico

O presidente da Xunta quita importancia ás denuncias reiteradas do movemento ecoloxista á gandaría intensiva: "O 76% das granxas de vacún de carne en Galicia ten menos de cen animais. Quen está a falar de macrogranxas en Galicia?"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2022 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, terzou este xoves na polémica suscitada por mor dunhas declaracións realizadas polo ministro de Consumo, Alberto Garzón, sobre o sector da carne, e lamentou que España teña un presidente que "non manda no Goberno", antes de incidir en que Pedro Sánchez quedou nunha "situación ridícula importante".

Non en balde, a preguntas dos xornalistas, o presidente galego remarcou que quen máis "despiadadamente" criticaron a Garzón proceden do PSOE. Ao tempo, suxeriu que Garzón, a pesar de que non "rectificou" as súas palabras, está "simplemente blindado porque pertence a un partido diferente" ao do presidente.

Dito isto, esgrimiu que polo que debería estar "preocupado" agora o ministro de consumo é "polo prezo da luz", sobre o que "nada se lle oe", no canto de "socavar o prestixio" dunha industria, a gandeira, que "xa bastantes problemas ten", como, precisamente, o prezo da luz, da forraxe e do combustible.

"ESTAMOS A ATENTAR CONTRA O MÁIS SACRO"

"Estamos a atentar contra o máis sacro", reprobou en mandatario autonómico, en alusión á calidade do produto cárnico español.

Convencido de que os seus actos como o de Garzón evidencian que "sobran ministros e sobran ministerios", e que Consumo debería ser "unha subdirección xeral", reivindicou finalmente a "saneadísima" cabana gandeira galega, con "unha excelente" calidade de carne, do mesmo xeito que a do resto de España, "que se pode comparar con vantaxe con calquera outra".

"O 76% das granxas de vacún de carne en Galicia ten menos de cen animais e a media de censo por explotación son 22 cabezas de vacún. Quen está a falar de macrogranxas en Galicia?", preguntouse. 

Alberto Núñez Feijóo / David Cabezón - Xunta de Galicia. / Europa Press
Alberto Núñez Feijóo / David Cabezón - Xunta de Galicia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta