A xerencia do Chuac defende a súa xestión a pesar das críticas dos profesionais: "Estamos estabilizando a persoal"

Admite "limitación" na contratación pola "dispoñibilidade" de persoal de enfermaría e médico.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/01/2022 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

A xerencia do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) manifestou, en resposta ás denuncias sindicais sobre falta de persoal, que se procura dar "o máximo apoio contratando todo o persoal de enfermaría e facultativo dispoñible para cubrir as ausencias". Unhas explicacións que coinciden cun informe do Defensor del Paciente que sitúa o servizo de Urxencias deste hospital entre os máis "caóticos" do Estado.

No entanto, nun comunicado, afirma que isto "como é sabido, está limitado pola dispoñibilidade de profesionais". "Nun momento en que a atención asistencial mundial está centrada na pandemia", engade.

"Nunha situación tan complicada e inédita que se alongou tanto no tempo, enténdese perfectamente o esforzo que está a realizar o persoal dos centros sanitarios, ao que manifestamos o noso recoñecemento", expón tamén.

Con todo, defende a xestión en relación ao persoal. Así, apunta que "se incrementou nos últimos anos a estrutura do persoal do Chuac, ademais de estabilizar o total do número de prazas do hospital e resto da área sanitaria nestas categorías". "Ademais iniciouse xa o trámite para a estabilización de 101 prazas das 225 correspondentes ao exercicio 2022", remarca.

Médicas, enfemeiros e profesionais sanitarios protestando no CHUAC
Médicas, enfemeiros e profesionais sanitarios protestando no CHUAC | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta