Gonzalo Caballero atopa oco no novo PSdeG: será portavoz de Economía, Facenda e Universidade no Parlamento

O partido reorganiza a repartición de áreas tras o nomeamento de Luís Álvarez como novo portavoz parlamentario.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/01/2022 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

O que fora secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero ostentará a portavocía de Economía, Facenda e Universidade de Grupo Socialista na Cámara galega, que reorganizou a repartición de áreas tras o nomeamento de Luís Álvarez como novo portavoz parlamentario.

Gonzalo Caballero
Gonzalo Caballero | Fonte: PSdeG.

Deste xeito, Luís Álvarez, que deixa as áreas de Educación e Ordenación do Territorio para centrarse no seu labor como portavoz, encabeza a dirección do grupo, á que se incorporan como portavoces adxuntos Begoña Rodríguez Rumbo, Leticia Gallego e JulioTorrado. Ademais, estará integrada por Patricia Otero, Juan Carlos Francisco e Carmen Rodríguez.

Cos cambios, dos que informou o PSdeG, Rodríguez Rumbo asumirá Función Pública, Administración Local e Orzamentos; Torrado seguirá á fronte de Sanidade e Marisqueiro; e Gallego Comercio, Turismo e I+D+i.

A lucense Patricia Otero continuará a cargo de Infraestruturas, Transporte e Pesca; e Juan Carlos Rodríguez será o responsable de Deportes, Ordenación do Territorio e Vivenda.

Pola súa banda, a ourensá Carmen Rodríguez Dacosta encabezará as áreas de Emprego e Montes; Noa Díaz fará o propio con Cultura, Lingua e Igualdade; e Pablo Arangüena asumirá Política Exterior, Calidade democrática e transparencia, Emigración e Medio Ambiente, esta última compartida con Paloma Castro, que continuará á fronte de Xustiza e asumirá Cooperación.

O parlamentario Martín Seco será o responsable de Industria, Enerxía, Gandaría e Agricultura; Noelia Otero asumirá Educación e Mocidade, Voluntariado e LGTBI, e por último, a ourensá Marina Ortega continuará á fronte de Política Social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta