Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2022 | Actualizada ás 18:17
O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia incrementouse un 5,3% en 2021, segundo a estimación provisional realizada polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Este incremento é superior en tres décimas á media de subida do 5% rexistrada en España, cuxo avance publicou este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Segundo informa o Goberno galego nun comunicado, o dato do IGE confirmarase o 25 de febreiro coa publicación da contabilidade trimestral relativa ao cuarto trimestre.
Deste xeito, Galicia recupera así máis da metade da caída histórica do PIB en 2020, cando sufriu un esborralle do 8,9% en comparación con 2019. Así, a Xunta sinala que con este avance da economía "a comunidade galega estará en disposición de recuperar a riqueza prepandemia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.