Activo un incendio no parque natural do Xurés que entrou desde Portugal

O lume queima ao redor dunha hectárea en terreo galego.

Por Galicia Confidencial | OURENSE | 29/01/2022 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

Un incendio forestal atópase activo no municipio ourensán de Muíños, parroquia de  Requiás, que entrou desde Portugal e afecta o parque natural do Xurés.

Bombeiro loitando contra un lume forestal. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Bombeiro loitando contra un lume forestal. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, o lume chegou á comunidade galega sobre a 16,00 hora e afecta a unha superficie ao redor dunha hectárea de terreo galego, segundo as primeiras estimacións provisionais. No seu control traballan un helicóptero do servizo de incendios da Xunta, dúas motobombas, catro brigradas e un axente. Ademais, tamén participan medios portugueses no operativo.

Precisamente, as queimas forestais e agrícolas están prohibidas en Galicia desde este sábado debido á situación meteorolóxica, mentres se reforza o despregamento no terreo de membros da  Unidade de Investigación de Incendios  Forestais ( UIFO).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta