O PP tamén pregunta polos vínculos dun membro do xurado coa gañadora do Benidor Fest

A Mesa pide unha xuntanza co director de RTVE.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2022 | Actualizada ás 23:20

Comparte esta noticia

O PP tamén presentou iniciativas en relación ao sucedido en Benidorm Fest. En concreto, fíxoo pola vía da pregunta escrita tanto no Senado como na Comisión de RTVE.

A iniciativa, á que tivo acceso Europa Press e que foi rexistrada este luns ás 14,34 horas, incide na polémica xerada polo resultado do festival, que determinou que a representante de España en Eurovisión sería Chanel, a pesar de que o público apoiou de forma masiva ás galegas Tanxugueiras, seguidas de Rigoberta Bandini.

Na batería de preguntas dos populares cuéstionase en que momento tivo coñecemento RTVE dos vínculos dun dos membros do xurado coa intérprete gañadora e se fixo algo respecto diso.

En aras da transparencia pregúntase se se van a dar a coñecer as votacións desagregadas de cada un dos membros do xurado a cada canción, e se vai adoptar algunha medida RTVE para que non se produza de novo "tal discordancia" entre o criterio do público e do xurado profesional.

A artista Chanel gañadora de Benidorm Fest 2022, pousa co seu trofeo no Miradoiro do Castelo, a 30 de xaneiro de 2022, en Benidorm.. Joaquín Reina - Europa Press
A artista Chanel gañadora de Benidorm Fest 2022, pousa co seu trofeo no Miradoiro do Castelo, a 30 de xaneiro de 2022, en Benidorm.. Joaquín Reina - Europa Press | Fonte: Europa Press

A MESA

Pola súa banda, a Mesa pola Normalización Lingüística informou en redes sociais de que solicitou de novo unha reunión co director de RTVE para "reclamarlle que cumpra coas obrigacións con respecto ao galego". Así mesmo, anunciou de que quedan desconvocadas as concentracións desta semana ata obter resposta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta