Falecen cinco persoas que foran diagnosticadas previamente con COVID

O número de falecidos en Galicia supera os 2.950.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2022 | Actualizada ás 21:41

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias galegas informaron doutros cinco falecementos de persoas diagnosticadas de covid-19, o que eleva a 2.955 as vítimas mortais ligadas coa pandemia en Galicia.

En concreto, Sanidade informou de que o pasado luns 31 faleceron unha muller de 87 anos e un home de 85 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés (CHOP).

Este pasado martes 1 faleceron unha muller de 78 anos na área sanitaria de Vigo (Complexo Hospitalario Universitario de Vigo), así como outra de 85 anos na área sanitaria de Ferrol (Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol) e un home de 83, na área sanitaria de Santiago e Barbanza (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago).

Unha persoa recibe unha vacina contra a Covid-19
Unha persoa recibe unha vacina contra a Covid-19 | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta