Volven as chuvias a Galicia: será a partir do mediodía e poderán ser localmente intensas

As temperaturas mínimas subirán e as máximas baixarán levemente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2022 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

As choivas volverán a Galicia este xoves coa proximidade dunha fronte que se irá achegando á Comunidade, deixando ceos cubertos na primeira parte da xornada e precipitacións a partir do mediodía.

Segundo o prognóstico de Meteogalicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, este xoves comezará con ceos parcialmente cubertos e orballos máis probables na metade oeste. A partir do mediodía espérase que os ceos queden xa totalmente cubertos, con choivas localmente intensas pola tarde.

O vento soprará frouxo de compoñente sur, con intervalos de moderado, virando pola noite a nordeste, tras o paso da fronte. As temperaturas mínimas subirán e as máximas baixarán levemente. Os termómetros marcarán valores mínimos entre os 3 ºC de Lugo e os 12 ºC de Vigo, mentres que a máxima oscilarán entre os 14 ºC da Coruña e os 19 ºC de Ourense.

Mapa das previsións meteorolóxicas de Galicia para o 10 de febreiro de 2022.. METEOGALICIA
Mapa das previsións meteorolóxicas de Galicia para o 10 de febreiro de 2022.. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta