O TSXG rexeita a petición de Vox de suspender unha orde de restricións da Xunta por non estar en curso

A formación presentara unha reclamación de suspensión cautelar contra unha orde que expirou o pasado 18 de xaneiro.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/02/2022 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tombou a petición da formación política de ultradereita Vox de suspender a orde ditada pola Xunta o 30 de decembro de 2021 na que se establecían restricións para facer fronte á pandemia como o certificado covid na hostalaría ou o toque de queda entre as 03,00 e as 06,00 horas da madrugada.

Sede do Tribunal Superior de Xustiza
Sede do Tribunal Superior de Xustiza | Fonte: EUROPA PRESS.

A decisión do Alto Tribunal galego foi comunicado este xoves e aséntase en que a orde impugnada polo partido que lidera Santiago Abascal expirou o pasado 18 de xaneiro, data na que quedaron sen efecto as medidas impostas na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) nos últimos días do pasado ano.

Os maxistrados inciden no seu fallo, contra o que cabe recurso de reposición, que a carencia sobrevinda de obxecto leva á terminación do incidente cautelar.

O recurso foi presentado a comezos de xaneiro polo presidente provincial en Pontevedra de Vox, Álvaro Díaz-Mella, e argumentaba que a orde "vulnera os dereitos fundamentais recoñecidos nos artigos 14, á igualdade; 18.1, á intimidade; e 19, á liberdade de circulación; da Constitución Española (CE), todos eles dereitos amparados a través do artigo 53.2".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Temos un TSXG que mete medo...! Sabemos que a Fiscalía está ás ordes da Fiscal General do Estado ! Pero a motivación é de coña... como os dereitos fundamentais foron conculcados só ata o 18 de xaneiro, pois nada, non me pronuncio e punto pelota ! Os secuestros de 100 días nas Residencias tamén expirou a Orde de Internamento ! Deses mortos tampouco imos falar na vida ?