Ven un paso real de 35 euros

Ven de asinarse o acordo bipartito de suba do salario mínimo interprofesional de España, sobe 35 euros e sitúase na cifra redonda de 1.000 euros ao mes. Lonxe aínda dos 1.600 € de media das potencia europeas, iso si, moito mellor que os 665 € de Portugal ou case 300 € da Bulgaria.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 20/02/2022

Comparte esta noticia

Mágoa que a  firma fose de forma bipartita entre sindicatos e goberno, coido que a patronal española neste senso toma unha posición política, cómpre lembrar que a propia patronal firma en 2018 o “acordo nacional de negociación colectiva” que sitúa os 1.000 euros como obxectivo da negociación colectiva, entón este acordo debería estar na súa liña.

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante unha sesión de control ao Goberno no Senado, a 16 de novembro de 2021, en Madrid (España). Os grupos parlamentarios cu. Jesús Hellín - Europa Press
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante unha sesión de control ao Goberno no Senado, a 16 de novembro de 2021, en Madrid (España). Os grupos parlamentarios cu. Jesús Hellín - Europa Press

Nesta negociación sempre atopamos dúas posicións dogmáticas, aos sindicatos reclamando máis e a patronal manifestando que non é o momento. É función do goberno, xa que logo, arbitrar o entendemento, e neste caso a Ministra de Traballo non acertou. Era a sinatura da patronal necesaria como aposta da reforma laboral, porén Yolanda Díaz sabe que a foto beneficia á súa carreira política e non deixou pasar a ocasión.

A min neste senso preocúpame a situación na que fica a propia negociación colectiva trala subida a 1.000 euros do salario mínimo. Prodúcese un golpe colateral  á negociación colectiva difícil de xestionar. Un convenio colectivo regula os salarios certo e tamén a capacidade profesional, a responsabilidade, as actitudes e a competitividade. O novo acordo pon en solfa a competitividade e a capacidade da negociación colectiva para o recoñecemento da capacidade profesional de cada categoría. Teñen os axentes sociais un traballo moi duro estes meses: engadir ese porcentaxe ás categorías dos convenios. É unha cuestión fácil de entender con un exemplo: un condutor de autobús é un traballo especializado con formación e que convela reciclaxe e hábitos de saúde. Na provincia de Lugo o convenio recoñece un salario de 1.200 euros, agora un acompañante, tamén necesario pero menos especializado,  vai cobrar 1.000 euros. A capacitación non é a mesma nin a responsabilidade o que produce unha tensión clara na negociación colectiva.

Ten que ser agora a negociación colectiva, sindicatos e empresa,  a que arranxe esta situación, non por xustiza, senón que por necesidade de premiar  a formación e a competitividade e acreditar nunha estrutura de salarios que é tradicional e baseada en categorías profesionais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Juan Carlos Piñeiro Secretario xeral de Compromiso por Galicia (CxG)