Allariz tamén aposta pola música de rúa para o Entroido

A vila alaricana celebrará o entroido os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo apostando, máis se cabe nesta edición, pola animación musical e humorística de rúa.

Por X.M. Fernández | Allariz | 26/02/2022 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O domingo 27 de marzo haberá animación de rúa coa Charanga La Nota. O pasarrúas percorrerá as rúas de Allariz das 12:00h ás 14:00h. O luns 28 as actividades comezarán ás 18:30h. cun espectáculo infantil de rúa que fará as delicias dos máis pequenos: “A captura do dragón", proposta que trae a Allariz a compañía Art- Munium. O percorrido festeiro sairá do Campo da Barreira. Como remate da xornada, ás 19:30h e ata as 22:30h a Charanga Bicoia animará as rúas da vila do Arnoia.

Meco na Casa do Concello de Allariz. Foto: Prensa concello.
Meco na Casa do Concello de Allariz. Foto: Prensa concello.

O martes 1 de marzo a Charanga los Furtivos será a encargada da súa música de 12:30h ás 14:30h.

Este ano dende o consistorio quixeron trasladar todas as actividades que se facían durante o Entroido en Allariz a espazos ao aire libre para poder participar mantendo as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.

MECOS 

Durante os días de Entroido, 6 mecos presidiran os edificios municipais. Estes mecos estarán vestidos acorde ao edificio no que están colocados. A Casa do Concello, a Oficina de Urbanismo, Museo da Moda, Fogar dos Maiores e o Museo do Xoguete acollerán a estas personaxes tan características do Entroido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta