Pontón di que o PP de Feijóo é como o de Ayuso "antiabortista e abrasivo contra o galego"

Sinala que aínda que parece "lóxico" pedir un adianto, "é difícil" que porque "saben que hoxe o BNG ten capacidade de obter a Presidencia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2022 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu de novo ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a "aclarar canto antes se escolle Galicia ou se escolle Xénova", porque a Presidencia da Xunta non pode ser "a sala de espera das súas ambicións persoais". Neste sentido, defendeu que, se presenta a súa candidatura á presidencia do PP, debe dimitir como presidente de Galicia.

Pontón advertiu, ademais, de que "se alguén cre que vai haber un PP moderado e unha persoa con visión estratéxica, con proxecto a medio prazo" no caso de que Feijóo lidere o Partido Popular, "vaise a levar unha decepción".

Nunha entrevista concedida a Radio Euskadi, recollida por Europa Press, a portavoz do BNG emprazou ao presidente galego a que "aclare canto antes se escolle Galicia ou se escolle Xénova" porque, segundo defendeu, non se pode permitir que "a Presidencia da Xunta sexa a sala de espera das súas ambicións persoais".

Doutra banda, advertiu de que Alberto Núñez Feijóo ten "moitas caras" e, "se alguén cre que vai haber un PP moderado e unha persoa con visión estratéxica, con proxecto a medio prazo, vaise a levar unha decepción" porque o balance que deixa en Galicia é "desolador".

"SIMILITUDES" CON AYUSO

Deste xeito, criticou que chegou á Presidencia galega cun programa "moi abrasivo, en contra da lingua galega, apoiando a grupos anitiabortistas, recuperando os concertos educativos aos centros que segregan por sexo, e claramente moi escorado a ese lado".

Segundo denunciou, se se compara o seu programa de Goberno coas políticas de Isabel Díaz Ayuso en Madrid, hai "moitas similitudes: privatización e recortes na sanidade, gobernar para os grandes lobbies económicos amigos do PP e cunha concepción moi antidemocrática".

Pontón considerou que, aínda que parece "lóxico que se pedise" un adianto nas eleccións galegas se Núñez Feijóo opta pola presidencia do PP, é "difícil" que ocorra, entre outras cousas, porque "sabe que, se hoxe convoca eleccións en Galicia, quen ten a oportunidade e a capacidade de obter a Presidencia é o BNG".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este luns
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este luns | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta