CC.OO e USO denuncian a falta de renovación do convenio colectivo en Finsa e a conxelación salarial desde 2019

Segundo as fontes sindicais, a día de hoxe e despois dun ano negociando, "o que Finsa ofrece é outro acordo parcial máis con obxecto de seguir dilatando eternamente esta situación para non actualizar o convenio nunca".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/03/2022 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

As seccións sindicais de CCOO e USO dentro do grupo FINSA denuncian que o convenio colectivo que afecta ás plantas de taboleiro do grupo industrial en Galicia (Santiago, Padrón, Ourense e Rábade), está caducado dende o ano 2009 e que a situación laboral está "subsistindo a base de acordos parciais e cos salarios conxelados desde o ano 2019".

Fábrica de Finsa. FINSA - Arquivo
Fábrica de Finsa. FINSA - Arquivo

Segundo as fontes sindicais, a día de hoxe e despois dun ano negociando, "o que Finsa ofrece é outro acordo parcial máis con obxecto de seguir dilatando eternamente esta situación para non actualizar o convenio nunca". Sinalan ademais que os resultados económicos da empresa nestes dous últimos anos "foron dos mellores historicamente".

Por isto CCOO e USO demandan que a empresa "faga uso da negociación colectiva xa, de boa fé e cunha cadencia de reunións apropiada, entre as cales coa dinámica actual chegaron a transcorrer meses".

Tendo en conta esta situación, as dúas forzas sindicais non descartan realizar as mobilizacións necesarias con obxecto de reverter esta situación e acordar un convenio xusto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Jesus

Si se reúnen todas las semanas, les ofrecen un 6,trabajan 213 días, que se den una vuelta por los alrededores