A Xunta reivindica o papel das mulleres na loita contra o cambio climático

A conselleira Ángeles Vázquez puxo como exemplo o traballo do CEIP Paradai cos seus alumnos en canto á tematica do medio ambiente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2022 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reivindicou este martes, 8 de marzo día Internacional da Muller Traballadora, o papel e a contribución das mulleres á loita contra o cambio climático. Vázquez manifestou esta postura durante a súa visita ao CEIP Paradai da cidade de Lugo, onde participou xunto aos alumnos na celebración do 8M baixo a lema 'Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible'.

A titular de Medio Ambiente explicou que a loita contra o cambio climático e a igualdade de xénero "non entende de idades" e que todos os xestos "suman no reto de alcanzar o necesario equilibrio entre homes e mulleres e o imprescindible respecto polo medio ambiente". A conselleira sinalou que cada 8 de marzo representa unha data significativa para lembrar o obxectivo fixado pola Organización das Nacións Unidas (ONU): alcanzar a igualdade de oportunidades e que todas as persoas gozar dos mesmos dereitos e liberdades.

A Xunta, a través dun comunicado, destacou que días como este 8 de marzo "veñen pór de manifesto o papel relevante das mulleres galegas en todas aquelas medidas e accións que garantan o futuro de Galicia e do patrimonio natural". Vázquez puxo como exemplo o traballo do CEIP Paradai cos seus alumnos, para que as novas xeracións "tomen conciencia de que o medio ambiente non é algo illado", e felicitou ao equipo docente por integralo en todas as materias.

Así mesmo, indicou, especialmente ás alumnas, que "con esforzo e dedicación poden alcanzar as metas e obxectivos que se propoñan" e, como futuras xeracións que son, "troquen dende xa" en parte da solución a cuestións relacionadas co urbanismo responsable, a protección da paisaxe ou o acceso á vivenda.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no pleno da Cámara. XUNTA
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no pleno da Cámara. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta