Dúas persoas intoxicadas en Cambre por inhalación de fume tras deixar un vehículo aceso nun garaxe

Os servizos sanitarios desprazados á vivenda tiveron que trasladar a un centro médico ás dúas persoas afectadas o fume.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2022 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

Dúas persoas de idade avanzada necesitaron asistencia durante a noite deste sábado ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume tras deixar, sen decatarse, un vehículo aceso no interior do garaxe dunha vivenda na localidade coruñesa de Cambre.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon no lugar do Corgo, na parroquia de Breixo, ás 23,00 horas. Nese momento, a central de emerxencias recibía a alerta da situación destas persoas a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do CIAE-112 Galicia solicitaron a intervención da Policía Local e da Garda Civil. Finalmente, os servizos sanitarios desprazados á vivenda tiveron que trasladar a un centro médico ás dúas persoas afectadas o fume.

Sede do 112, Axega. 112
Sede do 112, Axega. 112 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta