Xapón, un novo mercado para Galicia?

Feijóo inicia unha viaxe por este país para abrir mercados na área de turismo, agricultura, pesca, tecnoloxía e automoción.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/05/2014 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Primeiro foi México, logo Panamá e agora Xapón. O presidente da Xunta decidiu viaxar ao país nipón para “estreitar” os lazos culturais e económicos con este país. Serán seis días nos que Alberto Núñez Feijóo ve “unha gran oportunidade porque Xapón é a terceira economía mundial e unha das referencias culturais do mundo".

Feijóo co príncipe Naruhito
Feijóo co príncipe Naruhito | Fonte: Xunta

Xunto co presidente galego viaxan tamén  o conselleiro de Economía da Xunta, Francisco Conde, e a secretaria xeral de Turismo da comunidade galega, Nava Castro. E é que pretende abarcar varias áreas; desde a turística, á comercial ou económica.

Así, no ámbito do sector primario, a comitiva tamén coñecerá unha das principais instalacións de acuicultura, a da Universidade de Kinki (oeste) que está dedicada á cría de atún vermello. Tamén adicará un día a manter contactos cos principais representantes da industria do automóbil en Xapón.

Así, visitará unha factoría de Nissan o vindeiro luns na prefectura de Kanagawa (centro) e reunirase co presidente e os directivos da Asociación de Fabricantes de Automóbiles de Xapón (JAMA). Tamén destacou a importancia que terá a visita e a reunión con representantes do Instituto de Investigación do Automóbil (JARI) de Xapón, dada a presenza en Vigo do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), un dos núcleos de investigación con máis peso de Europa.

Telecomunicacións

A delegación galega tamén manterá un encontro con representantes de NTT Data Everis, xigante nipón en tecnoloxía da información. E este é para Feijóo “un sector importantísimo en Galicia polas facultades de telecomunicacións e de enxeñaría informática da comunidade e tamén polas empresas galegas".

Durante a súa estancia, o presidente galego visitará a rexión de Wakayama (oeste), onde percorrerá un tramo da ruta de peregrinación de Kumano-Kodo, que está hermanada co Camiño de Santiago e tamén é Patrimonio Mundial da UNESCO. Alí tamén se reunirá co gobernador da rexión, Yoshinobu Nisaka, que visitou Santiago de Compostela en 2012.

O presidente da Xunta engadiu que a viaxe tamén serve para "corresponder á invitación" que realizou persoalmente na súa visita a España en xuño de 2013 o príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, con quen se reunirá o martes na súa residencia oficial en Tokio. En todo caso, haberá que agardar para ver en que se concretan estas visitas para a economía galega. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Foucellas

Condena de tres años de cárcel por un empujón durante una protesta. El 21 de abril Tamara Vidal, de 29 años y embarazada de tres meses, oyó el teléfono cuando volvía del hospital después de que le hiciesen la primera ecografía. Era Ana Outerelo, compañera de trabajo en las piscinas públicas de Campolongo, en Pontevedra, donde ambas son profesoras de gimnasia. La llamada era para avisar de que acababa de salir la sentencia de apelación contra ellas por una protesta sindical de 2010. Las condenaban a tres años por estar en un grupo en el que alguien dio un empujón y tiró pintura a una piscina.

2 Jose Carlos

Mucho el turismo: Amancio López Seijas, dueño de Hotusa, con sus contactos políticos, ha conseguido dormir en un juzgado una denuncia por falsedad y estafa con pena de carcel. Será el mismo personal de Justicia que ha dormido al causa de los cursos de formación en la CEG en Santiago?

1 hfZC

Dicir que o CTAG é "un dos núcleos de investigación con máis peso en Europa" é fantasear un pouco. Sobre todo porque en Europa deseñanse os audi, bmw, Mercedes, Porsche, Ferrari, Maserati e no CTAG plásticos para asentos ou similares.