O BOE ratifica como BIC a Biblioteca Emilia Pardo Bazán

Componse de case 11.000 volumes, dos cales máis de 7.800 están custodiados na sede da RAG e uns 3.000 no interior do Pazo de Meirás.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2022 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

O Boletín Oficial do Estado (BOE) ratificou este venres o recoñecemento da Biblioteca Emilia Pardo Bazán como Ben de Interese Cultural, un mes despois de que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicase esta consideración.

A Biblioteca Emilia Pardo Bazán componse de case 11.000 volumes, dos cales máis de 7.800 están custodiados na sede da Real Academia Galega (RAG) e uns 3.000 no interior do Pazo de Meirás.

A publicación do BOE recolle que a Biblioteca "reúne as características do patrimonio bibliográfico e un carácter singular pola figura á que está ligada", o que xustifica "o valor singular dos seus compoñentes en termos de volume, temática, antigüidade, autoría, singularidade e excepcionalidade".

Esta declaración como BIC é un recoñecemento do valor cultural que supón un réxime de máxima protección, que non afecta á titularidade do ben. As persoas propietarias ou titulares dos dereitos reais sobre os seus bens, están obrigadas, entre outras cousas, a conservalos, mantelos e custodialos debidamente, ademais de evitar a súa perda, destrución ou deterioración.

Con este último, xa son tres os bens declarados como BIC no Pazo de Meirás. Primeiro foi o propio Pazo en 2008 e, once anos máis tarde, as nove estatuas da porta exterior do Pórtico da Gloria, obra do Mestre Mateo, dous das cales se atopan actualmente en Meirás.

Biblioteca de Emilia Pardo Bazán. RAG
Biblioteca de Emilia Pardo Bazán. RAG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta