Os refuxiados ucraínos en Maceda adáptanse "gradualmente, sen présa nin pausa"

A expedición foi liderada polo propio alcalde da localidade e será custeada pola Deputación de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2022 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense asumirá os custos da expedición liderada polo alcalde de Maceda, Rubén Quintas, para levar material humanitario á fronteira de Ucraína e traer a 20 refuxiados --nove menores e once mulleres--. Así o confirmou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que se reuniu no Pazo Provincial co rexedor ourensán.

O alcalde de Maceda agradeceu a implicación da institución provincial desde o comezo da iniciativa solidaria e explicou tamén que o proceso de adaptación dos refuxiados é gradual, "sen présa, pero sen pausa". Tras chegar a Maceda o pasado domingo, 13 de marzo, os nenos e as súas nais iniciaron un proceso de adaptación en coordinación coas administracións, Cruz Vermella e Protección Civil, cos pertinentes recoñecementos médicos e psicolóxicos, trámites administrativos e a súa progresiva instalación en pisos.

SAÍDA CAMIÓN HUMANITARIO

A Deputación informou ademais de que este luns está prevista a saída do primeiro camión cargado de material humanitario desde o centro loxístico activado pola Deputación, "co obxectivo de canalizar e coordinar a resposta dos concellos ourensás ante a guerra de Ucraína".

O envío do material humanitario, recollido polo Concello de Ourense e almacenado no parque da maquinaria pola institución provincial, foi organizado por AGA-Ucraína e financiado por Afundación e Abanca. A Deputación, recuedan, organizou un dispositivo --posto en marcha pola área de Benestar--, onde un grupo de traballo técnico agrupa toda a información sobre as iniciativas que se estean levando a cabo desde o ámbito municipal.

Unha muller camiña diante duns coches queimados nunha ponte de Irpin, a 7 de marzo de 2022, en Ucraína. O exército de Ucraína resiste polo momento o duro asedio de Rusia
Unha muller camiña diante duns coches queimados nunha ponte de Irpin, a 7 de marzo de 2022, en Ucraína. O exército de Ucraína resiste polo momento o duro asedio de Rusia | Fonte: Diego Herrera - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta