Menos de 5.000 persoas quedan por completar a pauta de vacinación na provincia de Ourense, un 80% son nenos

En total, son 3.894 menores de 12 anos.

Por E.P. | Ourense | 21/03/2022 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

Menos de 5.000 persoas faltan por completar a pauta de vacinación fronte á Covid-19 na área sanitaria de Ourense, que abarca toda a provincia, das cales un 80 por cento corresponden con nenos.

Entrada do recinto feiral Expourense, onde se vacina contra a Covid-19
Entrada do recinto feiral Expourense, onde se vacina contra a Covid-19 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Segundo informou este luns a área sanitaria ourensá, un 80 por cento das persoas pendentes de completar a pauta na provincia de Ourense teñen menos de 12 anos, que supoñen 3.894.

As mesmas fontes concretaron que a maioría non se puido vacinar ata o momento por ser positivo por Covid na data na que estaban convocados ou por non pasar o período aconsellado tras infectarse co virus.

Esta semana entre o luns e xoves a área de Ourense convocou repescas e vacinación libre, mentres que o venres 25 terá lugar unha xornada de repescas de vacinación infantil, tanto no Hospital Universitario de Ourense, como nos comarcais de Valdeorras e Verín.

E a fin de semana, sábado e domingo, seguirán as repescas e vacinación libre neses mesmo tres hospitais, actuais puntos de vacinación abertos tres o cesamento de actividade dos centros masivos de inmunización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta