"Faltas de aseo" e "discusións alleas ao traballo", motivos de despidos en Viaqua

Tamén está considerada como falta grave a "embriaguez ou toxicomanía fóra do traballo vestindo o uniforme da empresa".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/03/2022 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

A continuada e habitual falta de aseo e limpeza, de tal modo que produza queixas xustificadas dos compañeiros e compañeiras de traballo ou clientes, pode rematar en despedimento se se traballa en Viaqua, a empresa que xestiona a auga dos principais concellos de Galicia e, que ata a operación Pokemon, era coñecida como Aquagest.

Traballadores de Viaqua
Traballadores de Viaqua | Fonte: viaqua.gal

Segundo apuntas fontes consultadas por GC, Viaqua pode despedir ou suspender de emprego e soldo de dezaseis días a sesenta días ás persoas que incumpran esta norma ao considerala unha infracción "moi grave". Así, ademais, aparece recollida no convenio colectivo Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. publicado no DOG o pasado decembro.

De feito, a empresa considera como falta leve as "faltas de aseo e limpeza persoal" o que poden acarrear "amoestación verbal, amoestación por escrito ou suspensión de emprego e soldo de ata dous días".

Entre as faltas leves tamén están pequenos descoidos na conservación do material, non comunicar á empresa os cambios de residencia ou domicilio ou "as discusións sobre asuntos alleos ao traballo, dentro das dependencias da empresa ou durante actos de servizo". De feito, se tales discusións producen escándalo notorio, poderán ser consideradas como falta grave ou moi grave e, polo tanto, rematar en despido.

Entre as faltas graves están a "entrega a xogos ou distraccións, calquera que sexa, estando de servizo", a "simple desobediencia a superiores en calquera materia do servizo". Ademais, se isto "implicase quebranto da disciplina ou dela derivase prexuízo para a empresa", poderá ser considerada como falta moi grave. Tamén está considerada como falta grave a "embriaguez ou toxicomanía fóra do traballo vestindo o uniforme da empresa".

Con todo, este tipo de sancións están recollidas no convenio estatal da auga e outras empresas do secto tamén as recollen nos seus respectivos convenios colectivos, segundo informan a GC fontes de Viaqua.

CRÍTICAS

Non é a primeira vez que hai críticas dos traballadores. O comité de empresa criticaba no 2018 a falta de vontade da empresa para chegar a acordos no marco das negociacións dun novo convenio laboral. Denunciaban que tiñan os salarios conxelados e que a empresa deixou vencer o convenio en 2013. Iso, a pesar dos "grandes beneficios" que a empresa, segundo apuntaban entón.

Viaqua é unha empresa do sector do medio ambiente que xestiona todos os procesos relacionados co ciclo integral da auga en Galicia. Conta longa presenza en Galicia. De feito, mudou a súa denominación tras tras as investigacións da xuíza Pilar de Lara que investigou numerosas irregularidades nos directivos de Aquagest, que era como entón se denominaba esta empresa, para facerse con contratos municipais.  Actualmente está presente en 48 municipios das catro provincias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta