(Vídeo) "Hai estantes desertos": o impacto do paro do transporte nos supermercados

A escaseza dáse, sobre todo, nos produtos frescos.

Por Paula Daza | Santiago de Compostela | 26/03/2022 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A folga indefinida do transporte convocada o pasado día 14 pola plataforma de Defensa do Transporte de Mercadorías preocupa á cidadania galega xa que está a provocar escaseza nos supermercados

Estantes baleiros no supermercado como consecuencia da folga de transporte
Estantes baleiros no supermercado como consecuencia da folga de transporte | Fonte: Paula Daza

Esta situación está a repercutir en pescadores, gandeiros e produtores e exportadores de froitas e hortalizas que advirten de que se verán obrigados a paralizar a produción se a situación non cesa, agravando a falta de produtos nos estantes dos supermercados.

Esta situación tamén xerou alarmismo entre algunhas persoas, que compran de forma desproporcionada para almacenar as reservas de alimentos nas súas casas.

Aínda que a plataforma convocante é unha asociación con pouca representación no sector, acadou unha gran mobilización a través das redes sociais. Alguns transportistas non apoian a folga pero pararon por medo, coaccionados polos piquetes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta