A Deputación da Coruña impulsa as Residencias Artísticas Mariñán para a creación en galego

A área de Cultura da Deputación da Coruña puxo en marcha as Residencias Artísticas Mariñán, "unha aposta por promover a creación en galego, cunha visión contemporánea e consciente, que terá neste 2022 a produción musical e literaria como principal motivo".

Por E.P. | A CORUÑA | 28/03/2022 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

A área de Cultura da Deputación da Coruña puxo en marcha as Residencias Artísticas Mariñán, "unha aposta por promover a creación en galego, cunha visión contemporánea e consciente, que terá neste 2022 a produción musical e literaria como principal motivo".

Así o apunta o deputado de Cultura, Xurxo Couto, que asegura que supón "un formato único e moi novo para aproveitar un espazo singular como é Mariñán e polo ao servizo de procesos de creación artística".

Xurxo Couto incide ademais en que "esta nova iniciativa está concibida para dar cabida a toda a diversidade cultural do momento, polo que estamos a falar de convocatorias abertas e cunhas bases que permiten a concorrencia de todo o tecido creativo que temos no país".

Desde hoxe, 28 de marzo e ata o 19 de abril, permanece aberto o prazo de solicitudes para que bandas ou artistas presenten propostas para participar nas residencias dedicadas á produción musical. Ao amparo desta convocatoria, seleccionaranse catro proxectos do ámbito musical para desenvolver a súa residencia creativa no Pazo de Mariñán.

González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta