Sucesión Xunta: Feijóo advirte que tamén é "democrático" nomear a dedo ao seu sucesor

O PP coruñés posiciónase e pide un congreso e un PP sen bicefalias. Tellado afirma que non haberá "gran lea" pero evita confirmar a Rueda, que pola súa banda, agradece os apoios "públicos e privados" que recibe. A conselleira de Medio Ambiente reivindica "unidade" e nega disputas pola sucesión de Feijóo. O PSdeG, doutro lado, lamenta a "ausencia absoluta" de goberno en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2022 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, defendeu, tras o posicionamento de baróns como o ourensán Manuel Baltar ou o coruñés Diego Calvo, a favor dun congreso para elixir o seu sucesor no partido, e non no Comité Executivo coa proposta dunha persoa a dedo, que as opinións son "perfectamente lexítimas", pero deixou claro que non está pechada a vía para a substitución e que "todo se fará conforme o que desexe o PPdeG".

O presidente do partido do PP,  Alberto Núñez Feijóo, durante a súa intervención no segundo e último día do congreso do PP en Sevilla
O presidente do partido do PP, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa intervención no segundo e último día do congreso do PP en Sevilla | Fonte: Eduardo Briones - Europa Press.

"Imos cumprir todos os prazos e faremos o que digan os Estatutos do partido, que é o que toca", advertiu, en declaracións aos medios nos corredores da Cámara, onde asegurou que non sente "ningunha preocupación" polas declaracións dos presidentes provinciais, xa que "todas son perfectamente lexítimas, todas son entendibles e todas son perfectamente respectuosas".

Iso si, advertiu que o congreso non é a única vía "democrática" para elixir un sucesor. "Todo o que din os Estatutos dun partido democrático é democrático", sentenciou. Os Estatutos do PPdeG contemplan a vía dun congreso para resolver unha substitución precipitada tras unha renuncia, pero non só esa fórmula se non tamén a posibilidade de que o sucesor sexa ratificado a través do acordo do Comité Executivo, que neste momento estaría lexitimado despois de ser renovado no verán.

ALFONSO RUEDA

Pola súa banda, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, limitouse a agradecer os "apoios públicos e privados" que recibe --dixo-- para relevar a Alberto Núñez Feijóo á fronte do Executivo autonómico. Tamén deu por feito, nun contexto no que empezaron a despuntar distintas opinións no partido, que "haberá acordo" para pechar a sucesión.

Ante as críticas, Rueda defendeu que si están centrados en gobernar e asegurou que o van "facer ben". Ademais, evitou pronunciarse ao ser preguntado acerca de como vería unha bicefalia, é dicir, a posibilidade de que haxa un sucesor de Feijóo á fronte da Xunta e que outro dirixente se poña á fronte do PPdeG. Insistiu en que "cada un terá as súas opinións" pero será posible alcanzar un pacto que facilite a sucesión. 

DIEGO CALVO

O presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo, é partidario de que se convoque un congreso "pronto" no PPdeG porque "sería bo" que os militantes escollan ao sucesor de Alberto Núñez Feijóo, que xa tivo que renunciar a liderar o partido tras tomar as rendas do PP nacional e deixará o goberno da Xunta.

En canto á posibilidade de que se dea unha bicefalia e a substitución na Xunta non coincida necesariamente co xefe de filas no PPdeG, o dirixente coruñés considera que "sería mellor que non a houbese", pero deu a entender que se é a opción preferida pola "maioría" do partido, el apoiaríaa.

"Hai moitas sensibilidades e opinións. Eu teño a miña propia. Creo que sería mellor que non a houbese, pero ao mesmo tempo digo que cando se pon encima da mesa por parte de todos, se se considera que é unha opinión máis fundada ou ten moito máis apoio... Loxicamente eu apoiaría esa bicefalia se todo o mundo o considera", sentenciou.

"UNIDADE"

Por outra banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reivindicou a "unidade" do Goberno galego e negou que o proceso sucesorio pola saída do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vaia a provocar "ningún enfrontamento, escisión, nin nada que se lle pareza".

A preguntas dos medios este mércores nun acto en Santiago, a titular de Medio Ambiente, que forma parte do Executivo autonómico desde 2015, incidiu en que está "a disposición" da persoa que salga elixida para suceder a Feijóo. "Non teño nin idea de quen pode ser", sinalou sobre a substitución do presidente galego, que situou en "semanas" a súa saída da Xunta para centrarse na súa nova tarefa como líder do Partido Popular a nivel nacional.

SEN "LEAS"

Tamén o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e recentemente nomeado vicesecretario de organización do PP por Alberto Núñez Feijóo, asegurou, respecto da sucesión en Galicia, que non haberá "unha gran lea" e que, "aínda que son lexítimas as ambicións de todo o mundo", a prioridade é "ser útiles a Galicia". "Se pomos o interese xeral por encima de intereses particulares, acertaremos", comentou.

Nunha entrevista concedida este mércores a Onda Cero e recollida por Europa Press, Tellado remitiu aos estatutos, onde está prevista "a resolución destes temas", polo que "ninguén debe esperar unha gran lea, máis ben o contrario". Respecto dos nomes que soan para suceder a Feijóo, o popular recoñeceu que "hai moitísimos preparados e con experiencia que poderían asumir o cargo", pero sinalou que aínda deben "falar para atopar a mellor solución".

"AUSENCIA ABSOLUTA" DE GOBERNO EN GALICIA

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, lamentou a "ausencia absoluta" de goberno en Galicia debido a que o PP está "máis preocupado" por quen será o sucesor do presidente da Xunta que dos problemas dos galegos.

"A preocupación que teñen neste momento na Xunta vese simplemente cos movementos do PP", incidiu o portavoz socialista, que lembrou que o pasado fin de semana "non había un só conselleiro de garda" en Galicia porque "todos" estaban no Congreso extraordinario do PP en Sevilla. "O problema é que levan semanas, meses enteiros, sen ser capaces de afrontar a situación de emerxencia que estamoa a vivir", remarcou Luís Álvarez.

Dende a alcaldía da Coruña, Inés Rey requiriu ao PPdeG a resolver "canto antes" as súas cuestións internas e designar un novo presidente da Xunta. "Galicia non se goberna desde un despacho en Xénova", dixo. "Non temos presidente da Xunta neste momento, os conselleiros están desaparecidos e non temos interlocución co goberno autonómico".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta