Vox protesta por non poder falar no pleno do Concello da Coruña

A plataforma quería facer uso do chamado 'escano cidadán' pero a corporación impediuno ao considerar que "non é para partidos políticos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2022 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

Vox denunciou que o goberno local herculino lle denegou a posibilidade de usar o escano cidadán no pleno deste xoves. O goberno local asegura, pola súa banda, que non se trata dun espazo para partidos. Nun comunicado, Vox indica que trasladou á Valedora do Pobo "o escurantismo do goberno municipal tras rexeitar a intervención da formación, a menos de 24 horas antes do seu inicio".

Faino despois de que a coordinadora local de Vox na Coruña, Eva María Castro Caridad, asinase a petición para poder intervir no pleno. O concello herculino "non ten ningún fundamento para denegar a súa intervención, cando si dá cabida a outros colectivos", asegura despois de que expuxese unha pregunta sobre o portal de transparencia municipal través do escano cidadán.

"O goberno respecta as normas que rexen o funcionamento do escano cidadán", aseguraron a Europa Press fontes municipais que engadiron que este non é un espazo "para partidos". "Está pensado para que os cidadáns particulares expoñan as súas demandas, problemas e propostas". "Os partidos políticos teñen outras canles para iso", engade.

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, preside o Consello Sectorial de Saúde. CONCELLO DA CORUÑA
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, preside o Consello Sectorial de Saúde. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta