Esclarecen un incendio ocorrido en Melón no mes de abril deixando case mil metros cadrados de monte queimados

O incendio tivo que ser extinguido por medios da Xunta, que mobilizou un axente e unha motobomba.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2022 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica, en colaboración con axentes ambientais, esclareceron un incendio forestal ocorrido o pasado mes de abril no municipio ourensán de Melón e que calcinou case 1.000 metros cadrados de monte raso.

O lume, rexistrado no lugar de Covelo, na parroquia de Quins, orixinouse polo escape dunha queima na que non se salvagardaron as debidas medidas de seguridade. O incendio tivo que ser extinguido por medios da Xunta, que mobilizou un axente e unha motobomba.

As dilixencias instruídas por estes feitos xa foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Ribadavia. No que vai de ano, a Policía Autonómica investigou xa a 18 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Coche da Policía Autonómica
Coche da Policía Autonómica | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta