O aumento de pago por licenzas de software é totalmente normal cando se utiliza software especializado para realizar distintos traballos técnicos asignados ós departamentos.
¿A ninguén se lle ocorreu pensar que ese aumento pode deberse a que se están facendo cousas que antes non se facían, e que tamén se precisan dos recursos informáticos necesarios para a súa viabiliade técnica?
No tocante a "mancomun", é unha iniciativa externa que a administración autonómica apoia, basicamente, porque é a única que hai. E Galica, resulta evidente, precisa de programadores e desarrolladores de Software Libre.
No tocante ó que di eu2, ben, pagar despois de 16 anos as licenzas que non se pagaron antes non é o que eu entendo, precisamente, por facer "una cosa bien hecha". Aínda diría máis, todos eses cartos en licenzas a Microsoft aforraríanse se, como xa fan outras CCAA ou empresas, a Xunta optase pola incorporación do SL e o desenvolvemento de ferramentas propias de xestión baixo unha plataforma libre.
Así que, resumindo: 1) paréme normal que o facer máis cousas -velaí o cambio e o progreso- aumente o concepto de pago de licenzas, máis en departamentos eminentemente técnicos; 2)iso si, esas licenzas serían en gran parte aforro para a administración se se deseñase, no medio plazo, un plan de incorporación da Xunta ó SL; ademais, claro, de dotarlle da capacidade necesaria para crea-lo software propio.