Xreo que xa non Galiza, se non Europa, ten que poñerse un pouco máis as pilas na enorme dependencia tecnolóxica que temos de fora, tanto de norteamérica coma de xapón. Sen entrar no proteccionismo este cutre que nos ven de franza, penso que opcións como linux, que permiten ter o control das nosas infraestructuras de información baixo control, deberían de ser imprescindíbles na administración pública.
Que pasa se maña unha resolución de bruselas fai que microsoft decida vender unha version limitada do windows vista en europa? que faria nese caso a administración galega? que pasaría se un xuíz norteamericano decide restrinxir as búsquedas europeas de google, eliminando información?
Penso que introducir código aberto na administración pública mellora a competencia, xa que moitas máis empresas poden dar servicios o núcleo central do sistema. Ollo, non creo que en moitos aspectos, linux sexa unha opción real e mellor ca de windows. Eu falo da independencia que ten unha administración o ser dona do código fonte, e sobre todo, a poder contratar unha consultoria externa para arranxar problemas inmediatamente nos servizos.
Linux é unha opción moi cara, moito máis que un windows ou que licencias de determinados programas, xa que precisa de profesionais moi ben cualificados, e de xente capaz de modificar o código de servidores. Eso vale moitos cartos, pero na miña opinión, ben investidos.