Condena do PSdeG de Ourense contra a agresión homófoba denunciada por un grupo de música valenciano

Criticaron tamén o "silencio" do grupo de Goberno local, tanto de Democracia Ourensana como do Partido Popular "ante a gravidade dos feitos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2022 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

A Comisión Executiva Municipal (CEM) do PSdeG-PSOE de Ourense condenou "contundentemente" a agresión homófoba denunciada por un grupo de música valenciano o pasado fin de semana.

E é que o grupo valenciano de hardcore punk AMOR denunciou nas súas redes sociais a agresión homófoba sufrida por un dos seus integrantes, ao que aseguran rompéronlle o nariz e deixaron inconsciente, o pasado venres en Ourense.

Segundo relataron, tras participar no evento Baixo Terra, os integrantes tomaban algo nun local da cidade cuns amigos cando algúns deles decidiron saír para tomar o aire. Nese momento, un home comezou a increpar a un dos membros do grupo pola súa vestimenta e maquillaxe, preguntándolle se ía disfrazado e, "de forma despectiva", se era un "puto maricón".

A continuación, lanzoulle un par de puñadas e unha patada que lle romperon o nariz e que o deixaron inconsciente, segundo contan. Os socialistas ourensáns, pola súa banda, criticaron tamén o "silencio" do grupo de Goberno local, tanto de Democracia Ourensana como do Partido Popular "ante a gravidade dos feitos".

"Unha actitude impropia dun goberno do século XXI que só favorece o retroceso democrático", aseguran. Consideran así "inadmisible" que o Goberno "se manteña á marxe". Neste sentido, instan o Executivo municipal a pór en marcha "dunha vez" o plan de prevención ao acoso homofóbico, bifóbico e transfóbico para Ourense, "que segue pechado nun caixón".

"Se o plan se puxese en marcha e Ourense fose un destino LGTBI-friendly, como se requiría, situacións coma as do pasado fin de semana evitáronse e poderiamos avanzar nos valores da tolerancia e o respecto á diversidade", explican.

Grupo AMOR
Grupo AMOR | Fonte: Instagram AMOR

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta