A Semana Santa saldouse con 62 accidentes de tráfico nas estradas galegas

Foron atendidas un total de 77 persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2022 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu durante a Semana Santa pasada 77 persoas debido a 62 accidentes de tráfico rexistrados entre as 15,00 horas do mércores 13 de abril e as 23,59 horas do domingo 17. Segundo informou o 061, nese período recibiu a Central de Coordinación 76 chamadas en relación con accidentes e o pasado venres festivo foi o día que rexistrou máis sinistros, con 20 no conxunto de Galicia.

Os recursos sanitarios mobilizados ascenderon a 75. En concreto, as ambulancias realizaron 69 saídas; unha, un helicóptero medicalizado; e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en cinco sinistros. En 64 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en 13 ocasións recibiron atención no lugar do incidente sen necesitar traslado.

A proporción de homes atendida ascendeu ao 56 por cento e a de mulleres situouse no 44%. En canto ás idades das persoas feridas, o 37% delas tiña entre os 20 e 34 anos. Por provincias, a da Coruña foi a que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos desas datas, con 25; seguida de Pontevedra, con 23; Lugo, con oito; e Ourense, con seis.

Accidente de tráfico, colisión entre coche e moto en Bergondo. CONCELLO DE BERGONDO
Accidente de tráfico, colisión entre coche e moto en Bergondo. CONCELLO DE BERGONDO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta