Abanca Galega, probábel novo nome de Novagalicia

A entidade é titular ou está tramitando numerosas variacións sobre o nome "Abanca", tanto rexistrando dominios da Internet como solicitando marcas na Oficina Española de Patentes.

Por M.V. | Santiago | 22/06/2014 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

A nova denominación de Novagalicia Banco é o segredo máis protexido do plan de negocio de Banesco. Con todo, existen varias pistas que apuntan a que Abanca pode ser o nome escollido.

Posíbel novo logotipo de Abanca
Posíbel novo logotipo de Abanca | Fonte: @cocodrilodos

A primeira pista é unha foto dunha oficina de Novagalicia, cun letreiro tapado pero no que se pode intuír debaixo do plástico as letras de "Abanca". A imaxe foi publicada en Twitter polo xornalista Jorge Alonso Álvarez, que tamén publica unha imaxe do que sería o novo logotipo, procedente do rexistro oficial de marcas. Nas redes sociais tamén circula a información de que varias oficinas teñen novos letreiros, tapados como o da imaxe.

A hipótese de "Abanca" gaña peso ao consultar a Oficina Española de Patentes y Marcas. Abanca de Galicia e Abanca Galega son dúas das 20 marcas que aparecen a nome Caixa De Aforros De Galicia Vigo Ourense e Pontevedra no rexistro oficial. Hai outros, como Abanca Corporación que están en trámite tras seren solicitados este anos.

Deses 20 nomes xa rexistrados, os únicos que parecen plausibles para bautizar unha nova entidade son as variacións de Abanca, o resto ou xa foron utilizados (Novagalicia Banco, etc.) ou non cadran para unha entidade financeira tradicional.

Abanca de Galicia e Abanca Galega foron rexistrados a finais de 2010, despois da fusión das caixas. Trataríase pois dun nome xa estudiado como posíbel alternativa. 

Posíbel novo logotipo de Abanca
Posíbel novo logotipo de Abanca | Fonte: cocodrilodos

Esta posibilidade confírmase aínda máis no Who Is, a base de datos que publica os nomes dos titulares dos dominios de internet. Entre os 81 rexistros a nome de NCG Banco están abancagalega.com (renovado este xaneiro), abancadegalicia.com (renovado este xaneiro), abancadegalicia.org (renovado en marzo), abanca.com (renovado en xuño) e abanca.net (renovado en xuño). Varios destes identificadores teñen activada a opción que permite ocultar o nome do titular, aínda que as IPs apuntan a servidores de NCG Banco.

A entidade financeira ten previsto, en principio, desvelar o seu novo nome este xoves. O banco fixo onte unha exhibición de poderío ao xuntar 4.800 empregados na Coruña para explicarlles o novo plan de negocio, aprobado pola UE este xoves.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

9 Palíndromo

Será esta Abanca onde Guillerme Vázquez soñaba con meter os seus cartiños de xubilado como deputado, concelleiro, profesor, líder nacional, director de fundación...etc?

8 hpzu

tanto o nome como o deseño da nova imaxe son bastante mellorables... non me gustan nadiña....

7 eusi

E haverá pailans que volvam cair nas sua redes. Nom hai mais que ver os 200.000 clientes do banco on-line dessa entidade: evo-bank. E que nom damos escarmentado...

1 Peteiro

Sempre podes meter os cartos no Santander...por certo ninguén vai falar dos 100mil clientes afectados polos bonos convertibles en accións desta entidade?? ou é que Botín é sagrado?

6 León

O que moito abanca...

5 Xurxo Soros

En galego-portugués Abancar = Dispor por em ou ao redor da banca. Toda una declaración de intencións, cando menos son sinceiros.

1 Castrapo total

Sinceiro? menuda castrapada, meu. Faltouche dicir primaveira e axuntamento.