Por Galicia Confidencial | Ferrol | 22/04/2022 | Actualizada ás 21:50
O buque loxístico Ysabel, recibido polo Exército o pasado mes de xuño e cuxo nome rende homenaxe ás mulleres ilustres que exerceron o poder ao longo da historia de España, atópase xa rumbo a Polonia cargado co maior envío español de armamento e equipos militares para Ucraína.
Trátase de 200 toneladas de armamento, 30 camións e dez vehículos lixeiros, o que duplica o recibido por Ucraína de España desde que empezou a guerra. Pero, antes de partir a Polonia, o buque embarcou na dársena militar de Ferrol a un equipo de infantes de Mariña para protexer a mercadoría militar.
Segundo a punta @Foronaval, o buque embarcou "un equipo de protección y seguridad de Infantería de Marina antes de proseguir hasta Polonia". O Ysabel pode transportar nas súas seis cubertas de carga máis dun milleiro de vehículos militares e carros de combate e adquiriuse para dar soporte aos desprazamentos de tropas e materiais entre a Península, Ceuta, Melilla e os dous arquipélagos, e para apoiar os despregamentos en misións internacionais.
O Ysabel é o resultado de reconvertir nos asteleiros galegos outro barco, o Galicia, construído en Vigo no 2003 por encargo da naviera Suardiaz, unha das empresas pioneiras en España no transporte de carga rodada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.